Skip to Content

Charlas da USC no IES de Soutomaior

O 19 de marzo, tivemos varias actividades programadas no IES enfocadas ao alunado de Bacharelato.

Na primeira, o alumnado de 1º de Bacharelato de ciencias e economía, asistiu á ponencia do profesor Manuel Ramiro Rodríguez Rodríguez "A gandería na encrucillada: produción de alimentos, benestar animal e cambio climático".

Nela os estudantes puideron coñecer as características económicas, repercusións medioambientáis e tipos de gandería no noso país. Tamén se defendeu con datos contrastados de moitos bulos e información esaxerada que verten os medios sobre o sector.

 

Por outra banda, o alumnado de 2º de Bacharelato recibiu información das saídas do mundo audiovisual da man de  Fernando Carrera. Persoa con ampla experiencia no munco dos documentais, curtametraxes e publicidade.

Coma sempre, dende o centro queremos agradecer aos poñentes por térense achegado a compartir a súa experiencia co noso alumnado.



blog | by Dr. Radut