Normalización Lingüística

Actividades Proxecto Mámoas

Os vindeiros 23 e 27 de marzo realizaranse dúas actividades pertencentes ao Proxecto Mámoas, Por unha banda, o día 23 de marzo (xoves), o alumnado de 4º ESO e 1º FPBA+E fará unha saída guiada ata o Roteiro das Mámoas de Candeán, no que estará acompañado por parte do profesorado implicado e mais pola arqueóloga Elisa Pereira, colaboradora neste proxecto educativo. Por outra banda, o vindeiro luns 27 de marzo, a narradora oral Paula Carballeira virá ao noso centro para dar unha charla no Club de Lectura e mais para realizar unha sesión de contacontos para o alumnado de 1º e 2º ESO, na que o achegará aos seres mitolóxicos galegos relacionados con mámoas e petróglifos...

Avante co Proxecto Mámoas no IES Ricardo Mella!

"Mulleres Valentes" e "Rosalía na Onda", os novos programas de "Na Onda do Mella"

 

Chega "Mulleres Valentes", a gravación do grupo de 1 ESO para o programa "Mulleres Bravas", traballo radiofónico realizado polo alumnado do IES Ricardo Mella na xornada especial do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora.  Neste petisco radiofónico, escoitaremos as voces de alumnado de 1º ESO que nos contarán historias de vida sobre algunhas mulleres valentes das súas familias. 

Ademais, Na Onda do Mella conmemoramos a data do nacemento de Rosalía de Castro a pasada semana (23/2/23) coa emisión do programa "Rosalía na Onda", escoitando moita música e recitados do alumnado do noso Centro. Desde o IES Ricardo Mella queremos reivindicar a nosa poeta nai con esta humilde retransmisión, lembrando algúns dos seus versos nas voces do alumnado de secundaria e de ciclos do noso IES.

Ligazón a"Mulleres Valentes": https://www.ivoox.com/na-onda-do-mella-5-mulleres-valentes-08-3-23-audios-mp3_rf_104292442_1.html

Ligazón a"Rosalía na Onda": https://www.ivoox.com/na-onda-do-mella-4-rosalia-na-onda-audios-mp3_rf_103979903_1.html

 

Semana de Rosalía no Mella

Xa comezou a Semana de Rosalía no IES Ricardo Mella!

O pasado venres 23/2/23 celebrouse o Día de Rosalía de Castro, e no noso centro unímonos á celebración comezando a Semana de Rosalía, na que nos iremos achegando á súa figura e á súa obra; escoitando, recitando e incluso cantando algúns dos seus versos. Ademais, todo isto culminará coa emisión do programa especial (en proceso de gravación) "Rosalía no Mella", no que participará alumnado moi variado e que emitirá a nosa radio escolar, Na Onda do Mella. Dende o noso Centro queremos reivindicar a nosa poeta nai con esta humilde retransmisión que emitiremos a vindeira semana...

Viva Rosalía de Castro! Viva a Radio Escolar!

#edlgmella #naondadomella

Chegan os novos clubs de lectura (febreiro - marzo)

 

Chegan os novos clubs de lectura para marzo ‼️

Neste caso contamos con catro mulleres para as lecturas de marzo, poñendo en valor o traballo literario feminino e achegándonos a temáticas vencelladas co 8 de marzo. As primeiras quedadas destes novos clubs serán os seguintes días: 

 

CLUB DE ADULT@S: As ramonas, de Ana Cabaleiro (2 de marzo)

CLUB XUVENIL: As meigas de Lupa,  de María Solar (28 de febreiro)

CLUB IGUALDADE: Os corpos invisibles, de Enma Pedreira (1 de marzo)

CLUB MANGA: Tam 2,  de Anémona de Río (3 de marzo)

 

Anotádevos!! 

#clubdelectura #EDLGMella #marzoenfeminino

Festa de Entroido no Mella - Premios dos concursos de Entroido

O pasado venres 17/2/23 celebrouse a Festa de Entroido, durante a que se realizou a entrega de premios dos concursos de máscaras, doces e coplas... Velaí o alumnado premiado nos tres apartados:

Máscaras: 1º premio para Matías de 1º ESO, por unha máscara dos Galos da Mezquita; 2º premio para Manuel de 1º ESO, por unha adaptación dos Merdeiros de Vigo; e o 3º premio para Martín por unha excepcional réplica dun Peliqueiro de Laza.

Doces: 1º premio para Serxio de 1º BACH, por unhas orellas de Entroido saborosas e moi ben realizadas; 2º premio para Alba de 1º FPBAdmin, por uns antifaces de chocolate moi enxebres.

Coplas: 1º premio para Ana de 3º ESO, cunhas coplas dedicadas ao profesorado do Mella; 2º premio para Paula de 3º ESO ; e o 3º premio foi para Eluney, de 1º BACH, tamén con temática retranqueira sobre o profesorado do instituto.

Parabéns ás persoas gañadoras! #EntroidonoMella

Distribuir contido