Normalización Lingüística

Club de Lectura "As Ramonas"

 
No día de hoxe visitounos Ana Cabaleiro, autora de "As Ramonas", un dos libros escollidos este mes no Club de Lectura do IES Ricardo Mella... Durante a charla puidemos decubrir as entrañas do libro; o que xerou un debate posterior moi pero que moi que interesante... Que enriquecedor é meterse na cabeza dunha escritora!... Moitísimas grazas! Ata a próxima! #edlgmella

2ª saída do Proxecto Lagares

O vindeiro xoves 20/4/23, realizarase a 2ª saída do Proxecto Lagares, desta volta co grupo de 1º ESO. Nesta nova saída, o alumnado estará acompañado polo profesor e divulgador Xosé Couñago, que guiará a ruta coas súas explicacións. Entre as actividades que realizarán están un xogo de descuberta, un herbario ou unha pequena limpeza da zona do río...

Hai vida no Lagares!!  #proxectolagares #edlgmella #proxectoríos

Charla no Club de Lectura de "As Ramonas"

E mañá martes 18 de abril, chega o Club de Lectura de "As Ramonas", un dos libros de lectura dos clubs de igualdade e adultxs durante os meses de marzo e abril, no que contaremos coa presenza da súa autora, Ana Cabaleiro. Adiante coa lectura no IES Ricardo Mella!! #clubdelecturadomella #edlgmella

Xuntanza Manga 2023

 

Velaí a representación do Club Manga do IES Ricardo Mella que participou na Xuntanza Manga 2023, celebrada no IES Valadares o pasado venres 14/4/23... Na xornada, o alumnado manga puido gozar de diferentes xogos, como cosplay, consola, quizziz, pictionary ou jugger... e nos que o Club Manga do Mella gañou dúas modalidades, o quizziz e mais o jugger...

Que ben o pasaron! Parabéns á organización! #xuntanzamanga #edlgmella

Chega a Xuntanza Manga!!

Mañá venres 14 de abril terá lugar a Xuntanza Manga Escolar 2023 no IES Valadares de Vigo, que contará coa presenza do Club Manga do IES Ricardo Mella. O evento, organizado este ano polo alumnado e profesorado do IES Valadares, durará toda a xornada e disporá de diferentes actividades para a rapazada anotada. Entre as actividades que poderán gozar nesta xuntanza están un obradoiro de Origami, un faladoiro manga, xogos de pictionary e quizzizz, un concurso de debuxo ou un torneo de consolas. 

Distribuir contido