ACTIVIDADES DO CENTRO
NADAL 2023
Enviado por teijeiro o Mér, 27/12/2023 - 23:26NADAL 2023 entrañable
ÁRBORES e adornos orixinais, creativos e sostibles.
PRESENTACIÓN FESTIVAL: ALUMNADO 2º CURSO DE ASISTENCIA A DIRECCIÓN
TEATRO:
Título da obra, Navidad en Familia
Autores, Grupo Oratoria 4º ESO. Profesora, Luz Rodríguez Bello
CORO da ESO, GRUPO INSTRUMENTAL 4º de música
SAÍDA ÁS ILLAS CIES 22-23
Enviado por teijeiro o Mér, 21/06/2023 - 23:52Gozando das illas máis fermosas do mundo.
Xa está no aire "Proxecto Mámoas. Episodio final" (16/6/2023)
Enviado por kikestevez o Dom, 18/06/2023 - 15:51Neste traballo radiofónico, alumnado participante no proxecto fai un percorrido pola Ruta Arqueolóxica das Mámoas de Candeán, á que se achegaron nas dúas saídas programadas; actualizando o estado de cada un dos monumentos megalíticos visitados.
Por outra parte, neste programa tamén poderedes escoitar as persoas especialistas que nos acompañaron no Proxecto, como Elisa Pereira, Xosé Couñago ou Gonzalo Navaza; que nos contaron cousas moi interesantes sobre as artes megalítica e rupestre, tanto nas charlas coma nas saídas nas que estiveron presentes.
Ademais, este episodio vén cargado de sorpresas, pois o alumnado de 1º ESO preparou algunhas lendas marabillosas para algún dos dolmens visitados nas saídas.
Para rematar, os condutores do programa, Andrea, Efraín e Nico fan un pequeno resumo dalgunhas das actividades levadas ao cabo polo alumnado do Proxecto Mámoas durante este curso...
Non perdades este episodio!! E avante co Proxecto Mámoas!!
Escoitar en: https://www.ivoox.com/proxecto-mamoas-episodio-final-16-6-2023-audios-mp3_rf_110584122_1.html
#proxectomámoas #edlgmella #naondadomella
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »