Xa está no aire "Proxecto Mámoas. Episodio final" (16/6/2023)

Neste traballo radiofónico, alumnado participante no proxecto fai un percorrido pola Ruta Arqueolóxica das Mámoas de Candeán, á que se achegaron nas dúas saídas programadas; actualizando o estado de cada un dos monumentos megalíticos visitados. 

Por outra parte, neste programa tamén poderedes escoitar as persoas especialistas que nos acompañaron no Proxecto, como Elisa Pereira, Xosé Couñago ou Gonzalo Navaza; que nos contaron cousas moi interesantes sobre as artes megalítica e rupestre, tanto nas charlas coma nas saídas nas que estiveron presentes. 

Ademais, este episodio vén cargado de sorpresas, pois o alumnado de 1º ESO preparou algunhas lendas marabillosas para algún dos dolmens visitados nas saídas.

Para rematar, os condutores do programa, Andrea, Efraín e Nico fan un pequeno resumo dalgunhas das actividades levadas ao cabo polo alumnado do Proxecto Mámoas durante este curso...

Non perdades este episodio!! E avante co Proxecto Mámoas!!

Escoitar en: https://www.ivoox.com/proxecto-mamoas-episodio-final-16-6-2023-audios-mp3_rf_110584122_1.html

#proxectomámoas #edlgmella #naondadomella