Novas

ANUNCIO CONVOCATORIA AXUDASLE 2024

ANUNCIO CONVOCATORIA AXUDASLE 2024

Desde o servizo de Innovación e Programas Educativos comunicamos a todos os centros docentes sostidos con fondos públicos con ensinanzas en Bacharelato, que hoxe día 12 de febreiro foi publicada a convocatoria AXUDASLE 2024

Prazo de solicitudes aberto dende o 13 de FEBREIRO ata o 12 de MARZO (incluído)

http://www.edu.xunta.gal/axudasle

A citada orde, no seu artigo 11 establece o seguinte:

Artigo 11. Colaboración dos centros docentes na difusión e participación nesta convocatoria

1. A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades remitirá aos centros docentes información en formato electrónico, sobre o procedemento de solicitude e de adxudicación de prazas, para a súa difusión entre o alumnado obxecto desta convocatoria.

2. A dirección de cada centro docente arbitrará as medidas necesarias para que o contido desta orde sexa coñecido por todos os sectores da comunidade educativa e entregaralle unha copia dela ao Consello Escolar, ao Claustro, ás Asociacións de Nais e Pais (ANPAS) e, de ser o caso, ás asociacións de alumnado. Así mesmo, expoñeranse no taboleiro de anuncios a listaxe provisional e a definitiva de alumnado seleccionado.

3. O contido desta orde e a información complementaria atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle

4. As direccións dos centros docentes sostidos con fondos públicos facilitarán, na medida das súas posibilidades, ao alumnado interesado e/ou ás súas familias o acceso á aplicación informática correspondente a este programa.

Un cordial saúdo

Servizo de Innovación e Programas Educativos
Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Edificio Administrativo San Caetano s/n Bq. II - 2º Andar
15781 Santiago de Compostela

 

Inicio do procedemento de reserva de alumnado curso 2024/2025 15 de xaneiro ao 5 de febreiro (PECHADO). ADMISIÓN DO 1 AO 30 DE MARZO (ESO/BACHARELATO)

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2024/2025

 
 
Lun, 15/01/2024 - 09:00

 

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición ao IES Primeiro de Marzo: Colexios de Fontes, Sabarís, Oia e CPI Cova Terreña  PRAZO PECHADO

AVISO: TODAS AS SOLICITUDES DE RESERVA DOS CENTROS ADSCRITOS  FORON ADMITIDAS E TEÑEN A PRAZA ADXUDICADA PARA O CURSO 24/25

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades do 21 de outubro de 2022, que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 15 de xaneiro de 2024 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro do 2024, ambos incluídos.

Tanto a presentación das solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán o día 22 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

  PORTADA DA WEB  DE ADMISIÓN (1 ao 20 de marzo)

Aplicación de xestión das solicitudes de admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN: PRAZO DE 1 AO 20 DE MARZO

Normativa e manuais

 

Para presentar unha solicitude deberá seguir ALGUNHA das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Reserva/Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Crear e Confirmar”. Feito isto poderá descargala para asinar e presentar no centro.

  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para iso deberá premer na icona verde que se atopa arriba á dereita. Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes --> Admisión --> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e os criterios alegados e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, deberá premer no botón “Confirmar solicitude” e posteriormente premendo no botón "Firmar e presentar en Sede Electrónica", poderá asinar a solicitude dixitalmente, quedando como

  3. presentada no centro, sempre que o proceso de sinatura remate correctamente. Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, o anexo bis dixitalizado.

  4. Cubrir a solicitude de ADMISIÓN manualmente e presentala asinada presencialmente no centro

Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

 

OFERTA DE PRAZAS PARA ADMISIÓN DOS CURSOS DA ESO OU BACHARELATO, SOLICITUDES DO 1 AO 20 DE MARZO

1º ESO      25  (3 GRUPOS)

2º ESO      22  (2 GRUPOS)

3º ESO        4  (2 GRUPOS )

4º ESO      16  (2 GRUPOS + 1 DE PDC)

1º BACH    54 (DÚAS MODALIDADES) (3 GRUPOS)

2º BACH    54 (DÚAS MODALIDADES) (3 GRUPOS)

DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ APORTAR: COPIA LIBRO DE FAMILIA, COPIA DNI PROXENITORES, DNI ALUMNO/A, CERTIFICADO EMPADROAMENTO

 Enlace informativo do mapa educativo e datos de interese dos centros en Galicia: https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/AbrirSesion.do

Normativa de aplicación:

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220211/AnuncioG0598-040222-0004_gl.html
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C). https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221108/AnuncioG0655-281022-0001_gl.html

 

 

 
 

CONVOCATORIA PROBAS ACCESO AOS CICLOS

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Orde da convocatoria 2024

 
 
Mar, 09/01/2024 - 15:43

Publicada a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Máis información

 
 

Proxecto Dinamización de Lingua Galega

A partir do mes de Xaneiro o noso IES participará activamente na campaña "Aquí tamén se fala Galego", co impulso do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

Tedes máis información na web:   #AQUÍTAMÉNSEFALA

AVISO: FESTIVO DOCENTE. 7 DE DECEMBRO

LEMBRAMOS QUE O 7 DE DECEMBRO NON HABERÁ CLASES POR SER FESTIVO DE EDUCACIÓN, POR TANTO RETORNAN AS CLASES O LUNS, 11 DE DECEMBRO.

SAÚDOS.

CONCURSO .DECORACIÓN NAVIDEÑA DAS PORTAS DAS AULAS.

 Tedes toda a información no Arquivo Adxunto

CONVOCATORIA FOLGA TRABALLADORES 24 DE NOVEMBRO( organismos públicos e sector privado)

Infórmolle que o Sindicato para la Solidaridad de los Trabajadores de España comunicou unha convocatoria de folga xeral para a totalidade das persoas traballadoras das empresas e organismos públicos de España, que se iniciará ás 00.00 horas do día 24 de novembro de 2023 e rematará ás 23.59 horas dese mesmo día.

CONSULTEN NO DOG DO  23/11/2023

"VICEPRESIDENCIA PRIMERA Y CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
JUSTICIA Y DEPORTES
ORDEN de 22 de noviembre de 2023 por la que se establecen los servicios mínimos dirigidos a garantizar los servicios esenciales durante la huelga convocada para el día 24 de noviembre de 2023."

 Achegamos en arquivo adxunto o relativo aos servizos mínico no ámbito educativo

26 DE SETEMBRO, FESTIVO LOCAL

FESTIVO LOCAL EN BAIONA:

O centro permanecerá pechado o martes, 26 de setembro

Distribuir contido