Achégase información de interese (nos documentos adxuntos) para todas as persoas participantes nas Probas Libres para a obtención do Título de Técnico/a Superior en Animación Sociocultural e Turística no IES Primeiro de Marzo.
Lémbrase que o proceso comeza o vindeiro Luns 5 de Xuño, coa Xornada de Acollemento. A asistencia a esta Xornada é obrigatoria para todas as persoas participantes.
Profesorado do Departamento | Ciclo Superior e FP Básica | ||||
Actividades | Ligazóns de interese |
Estamos traballando para actualizar os contidos deste Departamento.
Pronto máis información e novas de interese!
Mentres tanto podedes estar ó tanto do que facemos no noso Blogue:
https://animacionsocioculturalyturisticabaiona.wordpress.com/
Ou noutras redes sociais:
Por 3º curso consecutivo, o alumnado de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo é o encargado de organizar o Encontro de Comandos Igualdade da Provincia de Pontevedra.
Logo dunha 1ª edición celebrada en Baiona (Parador de Turismo) e unha 2ª edición organizada en Chapela (Multiusos Piñeral do Crego), nesta ocasión o III encontro terá lugar no Museo Verbum de Vigo, o 26 de Abril.
Como non podía ser doutro xeito, Rochas Violetas, o noso Equipo de Igualdade, participará deste encontro.
Salientar que nesta edición tamén participará, por primeira vez, o noso centro adscrito, o CPI Cova Terreña, co seu recentemente creado equipo de igualdade.
Con motivo do noveno aniversario do Centro de Día de Sabarís, o alumnado do 1° Curso do Ciclo de Grado Superior de Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo, en Baiona, organizou unha actividade para acompañar as persoas usuarias nesta celebración.
A través da música, o baile e a narración dunha historia interactiva puxéronlle unha nota de cor a esta celebración. Toda a actividade tivo que realizarse no exterior e sen contacto directo coas persoas usuarias, a través das cristaleiras do centro, polos protocolos Covid-19 establecidos para este tipo de centros, polo que a organización da actividade supuxo todo un reto para o alumnado.
A relación entre a entidade e o IES xa é un habitual, posto que o alumnado, como forma de complementar a súa formación, interactúa coa comunidade que lle rodea, enriquecendo así a súa formación ó tempo que presta un servicio na súa contorna máis próxima.
Este luns, 21 de Decembro, o alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística do IES Primeiro de Marzo de Baiona, acudiron ó Centro de Día para Persoas Maiores de Sabarís coa intención de alegrar, polo menos durante unha xornada, ós seus usuarios e usuarias, que desfrutaron da experiencia amosando a súa ledicia e agradecemento por esta iniciativa.
Os efectos da pandemia sobre o colectivo das persoas maiores en institucións son múltiples, dende a limitación das posibles visitas a recibir, á redución da tipoloxía das actividades a realizar, sempre co obxectivo de garantir a súa seguridade fronte os perigos da COVID-19. Por esta razón,e ligado ó traballo que están a desenvolver no IES Primeiro de Marzo de recuperación e difusión dos Cantos de Reis, así como no seu empeño por abrir o seu centro á comunidade na que se atopa inmerso, xurdiu a idea de ofrecer un pequeno recital con algúns destes Cantos de Reis queconseguiron reunir.
Na organización de esta iniciativa tivéronse en conta todas as medidas de seguridade necesarias, polo que a actuación realizouse co alumnado no exterior do Centro de Día, e as persoas usuarias desfrutando dende o interior, a través da gran cristaleira coa que conta o edificio que alberga este servizo. A chuvia non foi quen de impedir que se levase a cabo esta actuación, preparada con moita ilusión por parte do alumnado deste ciclo formativo.
A recuperación do patrimonio cultural, a organización e xestión de eventos, así como o traballo, entre outros, co colectivo das persoas maiores, son elementos propios da formación dos profesionais da Animación Sociocultural, polo que a actividade resultou moi enriquecedora para todas as partes implicadas.
ACTIVIDADE GLOBALIZADORA ( AXC, MIS E CAS)
A continuación presentamos a tarefa que deberedes realizar para continuar cos módulos de AXC, MIS e CAS. A idea é que DESEÑEDES E LEVEDES A CABO actividades propias do voso ámbito profesional que se adapten ás circunstancias tan excepcionais que estamos vivindo. É necesario deseñar/programar unha actividade e poñela en práctica neste trimestre.
Trátase dunha actividade grupal, na que, ademais da posta en práctica, deberedes entregar dous documentos. Máis abaixo (NO DOCUMENTO ADXUNTO) dámosvos algunhas ideas pero, por suposto, poderedes facer algunha outra cousa que se vos ocorra (consultádea con nós antes de comezar).
A actividade deberes realizala, preferiblemente, en grupos de máximo 3/4 persoas. De modo excepcional, se por algún motivo concreto alguén non puidera realizala en grupo, poderá realizala individualmente avisando sempre con antelación a algún dos/as profes e esperando a que lle dea o visto bo.
A data límite para entregala é o 22 de maio, aínda que deberedes facer unha primeira entrega o día 6 de maio. Para este día deberedes presentar os obxectivos e unha idea do que queredes facer e como ides facelo. Pensade que o 22 de maio tedes que presentar os documentos, pero nese tempo entre hoxe e o 22 de maio tamén tedes que desenvolver a tarefa pensada/programada, tédeo en conta á hora de planificar e organizar os tempos (3 semanas e media).
Un grupo de alumnas e alumnos do IES Primeiro de Marzo, do ciclo de Formación Profesional Básica en “Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios” e do Ciclo Superior en “Animación Sociocultural e Turística”, coñeceron de primeira man o proceso tradicional de lavado de roupa no lavadoiro de Sabarís. A actividade, no marco do Plan Proxecta e concretamente dentro do
Proxecto Ríos que desenvolve o centro e que vai xa neste curso escolar 2018-2019 pola súa sétima edición, levouse a cabo grazas á colaboración de dúas veciñas do municipio e que ademáis son avoas de dous alumnos que participaron da actividade. Estas mulleres compartiron co alumnado os seus coñecementos e vivencias en torno ao proceso de lavado de roupa nos lavadoiros, respostando ás súas dúbidas e facendo unha demostración práctica. Para rematar a xornada, todos os alumnos e alumnas puideron experimentar en primeira persoa, guiados por estas excepcionais mestras, como era esta dura tarefa que, ata ben pouco, desenvolveron as mulleres ao longo da Historia.
Este Luns, 30 de Abril, o IES 1º de Marzo de Baiona corre por Discamino.
Carreira organizada polo EDLG do centro, en colaboración co alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística.
Cada kilometro recorrido por cada alumno/a estará patrocinado (por familiares/amizades/profesorado...) polo valor de 1 euro. Cantos mais kilometros, mais apoio a esta iniciativa!
A recadación obtida destinarase, á súa vez, a patrocinar algunha etapa dos próximos Discaminos e as súas intrépidas aventuras!
Se queres saber mais sobre Discamino visita a súa web (www.discamino.org ) ou busca a súa páxina de Facebook.
Manterémosvos informados/as.
O pasado Venres 9 de Febreiro o IES 1º de Marzo fixo unha viaxe no tempo a través do seu #EntroidoConHistoria, recorrendo as diversas etapas históricas.
Dende a Prehistoria ata o Futuro, pasando por Grecia, Roma, Idade Media,...
Ademáis dos disfraces temáticos, houbo tempo para un Concurso de Coplas de Entroido!
Deixámovos a Copla do profesorado, que decidíu disfrazarse das persoaxes da Aldea Gala que resistían o continuo asedio dun grupo de alumnado.... digo de Romanos!
Agradecer ó alumnado do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística e o Equipo de Dinamización Lingüística o seu esforzo organizativo e o seu empeño por manter viva a tradición.