Buzón suxestións

Proxecto Ríos

Proxecto Ríos 2020-21

Polo río abaixo vai ...

INTRODUCIÓN

O estudo medioambiental da contorna é unha excelente oportunidade formativa para o alumnado dun centro de ensino, con independencia do nivel educativo. Este tipo de intervencións fano partícipe e protagonista dunha análise científica enmarcada na súa realidade inmediata e fomentan a implicación individual e colectiva na valorización e conservación do medio natural.

O Proxecto Ríos, centrado no estudo dos ríos, bríndanos un medio ideal para a nosa proposta de actuación interdisciplinaria. Contribuímos así á consecución das competencias na secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional que impartimos.

O noso centro educativo leva dez anos implicado no estudo dos ríos da contorna (Proxecto Ríos) sendo este o noveno dentro do Plan Proxecta. Ademais dos obxectivos propios do Proxecto Ríos, o principal obxectivo é o estudo medioambiental e sociocultural da contorna inmediata, centrada en dous dos ríos máis próximos: un en bo estado (A Groba) e outro moi urbanizado (Baíña).

Na presente edición, mantivemos a nosa continuidade no proxecto adaptándonos en todo momento a normativa COVID que tanto marcou estes dous últimos anos académicos.

GRAO CONSECUCIÓN OBXECTIVOS

A continuación detallamos o grao de consecución respecto do proposto  no noso proxecto de acordo coas seguinte gradación: [T]:TOTALMENTE  [P]:PARCIALMENTE [NA]:NON ACADADO
a)  Específicos da materia de Bioloxía e Xeoloxía
-Estudar os parámetros físico-químicos caracterizadores da calidade das augas.[T]
-Estudar os parámetros biolóxicos indicadores da calidade das augas.[T]
-Aprender a recoller mostras representativas (biolóxicas e non biolóxicas).[T]
-Aprender a cumprimentar unha ficha de campo, observando e interpretando os diferentes elementos da paisaxe.[T]
-Catalogación dos valores patrimoniais relacionados cos ríos e concienciación da importancia da súa conservación.[T]
-Aprender a organizar unha saída ao campo e o estudo implicado.[T]
-Valorar a intervención humana na paisaxe fluvial como elemento distorsionador e creador ao mesmo tempo de novos hábitats.[P]
-Localización dos ríos nun mapa topográfico e en soporte dixital. Delimitación de cuncas, treitos (aplicacións GIS)[P]
b)  Específicos de Inglés (para Sec. Bilingües):
-Utilizar a lingua inglesa como vehículo de comunicación real para unha actividade complementaria.[T]
-Enriquecemento no vocabulario específico relacionado. Procura selectiva e axeitada da información. [T]
-Fomentar o interese pola Bioloxía e Xeoloxía, e pola ciencia en xeral, en Inglés [T]
-Elaboración e pequenos informes escritos ou visuais sobre as actividades desenvoltas.[P]
c) Específicos Educación Plástica e Visual:.
-Fomentar o interese polo medio natural. T
-Realización dunha campaña publicitaria de sensibilización ambiental: o plástico.[P]
_-Deseño de campaña e do material gráfico a difundir.[NA]
d)  Específicos de Relixión:
- Descubrir que a Auga é Vida e constatar que todo está interconectado: crise ecolóxica e pobreza es-tan interrelacionadas[T]
- Sensibilizar sobre o Coidado dos ríos e da Casa Común, para cambiar hábitos e establecer prioridades.[T]
- Participar activamente na construción dunha cidadanía global e solidaria.[P]
e)  Específicos de Física e Química
- Identificar o concepto de contaminación aplicado a casos concretos da súa contorna.[T]
- Identificar os axentes contaminantes da auga.[T]
- Coñecer o seu tratamento e deseñar algún ensaio sinxelo de laboratorio para a súa detección.[P]
- Coñecer os procesos de tratamento de residuos e valorar criticamente a súa recollida selectiva.[T]
- Aprender a redactar informes de laboratorio [T]
- Realizar toma e tratamento de mostras dun medio natural da súa contorna.[T]

f)  Específicos de Paisaxe e sustentabilidade
- Valorizar a importancia da paisaxe fluvial dende un punto de vista xeográfico, estético e antropolóxico ou cultural.[T]
- Analizar os diferentes usos do entorno fluvial relacionado cos diferentes sectores económicos e a súa repercusión a nivel ambiental.[T]
- Identificar a relación entre a paisaxe fluvial e a súa toponimia.[NA]
- Análise e estudio da recuperación das marxes de ríos: principais exemplos de Galicia.[P]

METODOLOXÍA

ORGANIZACIÓN

Alumnado: Implicamos a o alumnado de Relixión de 1º da ESO, das Seccións Bilingües de 2º da ESO (Paisaxe e Sustentabilidade e Física e Química), 3ºESO (Bioloxía e Xeoloxía, Inglés e Educación Plástica e Visual), 4º da ESO de Ciencias Aplicadas, e 1º de Bioloxía e Xeoloxía de Bacharelato.

Departamentos didácticos: Os departamentos implicados son: Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, , Educación Plástica e Visual, Relixión

DESENVOLVEMENTO

a)  En Bioloxía e Xeoloxía:

1º trimestre:-visita de 3º da ESO ao río Baíña, toma de mostras e estudo no laboratorio das mesmas. -visita ao río da Groba, toma de mostras e estudo no laboratorio das mesmas, alumnado de 1º de bacharelato/Ciclo Formativo.-Estudo xeomorfolóxico dos elementos dun río, dinámica e impactos.

2º trimestre:-preparación para que o alumnado de 3º actúe como monitores para a visita de 2º de ESO,incio preparación de exposicións en forma de powerpoint.

3º trimestre:-Elaboración dun xogo “”quen é quen” para o recoñecemento da flora e fauna presente nos ríos obxecto de estudo..-Visita do alumnado de 2º da ESO (Paisaxe e Sustentabilidade), con 3º da ESO como monitores da actividade.-visita ao río da Groba, toma de mostras e estudo no laboratorio das mesmas, alumnado de 1º de bacharelato.

b)  En Inglés:

1º trimestre: -Estudo do vocabulario específico da actividade  -Estudo dos ríos (elementos dun río, ríos do mundo,...) - Primeira saída de 3ºESO ao río Baíña para ampliar vocabulario da actividade.

2º trimestre: - Desenvolvemento de habilidades comunicativas. -Reparto en pequenos grupos dos diferentes aspectos a estudar do río. Práctica do vocabulario do caderno de campo (Fichas, Kahoots, actividades interactivas…)

3º trimestre: -Práctica da exposición oral e organización en grupos da actividade da saída ao río Baíña (3ºESO) -Traballo previo en 2ºESO do caderno de campo como preparación para a actividade -Realización da saída ao río Baíña

c) En Educación Plástica e Visual

1º trimestre: -Recollida de información do proxecto e dos departamentos implicados, para elaborara campaña de publicidade no instituto

2º trimestre: - Organización en grupos do material grafico que debemos difundir e como facelo.

-3º trimestre: -Iniciamos  a campaña publicitaria creando no primeiro lugar un imagotipo  que forme parte da divulgación e á  campaña publicitaria.

d) En Relixión:

1º trimestre: - Toma de contacto sobre a Ecoloxía Integral e valoración da nosa realidade. Práctica a partir dun Baño de Natureza.

2º trimestre: - Procura de información sobre a situación actual dos ríos da contorna: caudal, contaminación e estudo das posibles consecuencias sobre as comunidades desas zonas.

3º trimestre: -- Elaboración de carteis con propostas de hábitos persoais e comunitarios para o coidado dos ríos. Limpeza nalgún río da contorna.

e)  En Física e Química

1º trimestre: -Estudo do material de laboratorio e a súa utilidade. Coñecer os posibles contaminantes presentes na auga do rio. Estudo da velocidade superficial da corrente dun río.

2º trimestre: -Visitar a contorna do río, tomas de mostra e tratamento no laboratorio. Visitar os Muiños de Baredo no río Fraga. Esta actividade por motivos realacionados cá pandemia pospúsose e levouse acabo no terceiro trimestre.

3º trimestre: Redactar un informe de laboratorio, Determinar os contaminantes presentes nas augas, Relacionar as posibles fontes de contaminación cos contaminantes atopados, Estudo dun sistema de residuos. Xornada de limpeza de residuos no rio para súa posterior clasificación no aula. Facer unha maqueta,cartel ou infografía dun muiño de auga.

f) En Paisaxe e Sustentabilidade

1º Trimestre: Estudo dos principais paisaxes fluviais da nosa contorna. O río na paisaxe dende un punto de vista xeográfico: emplazamento, situación, partes do río, lectura de perfil e caudal. Elaboración dun power point en grupos coa información.

2º Trimestre: Análise da paisaxe dende un punto de vista antropolóxico, cultural e económico e a súa incidencia. Análise dos sectores económicos primario, secunario e terciario na contorna dos ríos e a súa influencia. Continuación coa power point en grupos coa información.

3º Trimestre: Análise do río dende o punto de vista estético: a memoria da paisaxe, a percepción da paisaxe como paseantes, a evocación da paisaxe fluvial a través dun ensaio ou obra de arte. Elaboración dunha presentación visual en vídeo cos resultados acadados.

METODOLOXÍA:

Propoñemos un modelo de desenvolvemento deste proxecto integrado e coherente cos plans do centro (Plan Lector, Plan TIC, Convivencia,...) e con aqueles de innovación educativa xa consolidados no noso centro, que son: o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), o Club de Lectura (CL), o Programa de Seccións Bilingües (SSBB) o Club de Ciencias (CC), Correspondentes Xuvenís (CX).

O proxecto fundaméntase nunha metodoloxía baseada na indagación e aprendizaxe colaborativa, e incorpora estratexias propias da aprendizaxe baseada en proxectos e mediante retos, incluíndo propostas tipo Flipped Classroom. Todas estas actuacións axéitanse a un modelo de enriquecemento curricular, no que o noso alumnado ten a oportunidade de coñecer e desenvolver aqueles aspectos do currículo e competenciais das materias implicadas, que non se da no desenvolvemento convencional.

AVALIACIÓN (instrumentos utilizados e resultados obtidos)

A avaliación realizouse mediante o seguimento das actividades, en enquisas, e nas reunións de coordinación do profesorado implicado e o seguimento a partir das diferentes ferramentas unificadas no curso creado para esta fin na aula virtual..

Durante as actividades de campo tívose en conta: a recollida de información, a implicación do alumnado na actividade, o uso da lingua inglesa na mesma (alumnado da Sección Bilingüe).

Ao final das actividades, as propias fichas cubertas do proxecto Ríos e máis o caderno de campo de cada alumno/a, a propia produción, a exposición final, as rúbricas específicas deseñadas para cada actividade e, como non, a propia elaboración da memoria final do proxecto, que se difunde a través da web do centro.

No caso concreto do profesorado, realizouse unha enquisa final en google para recoller a opinión final do proxecto e o grao de satisfación co mesmo.

MATERIAIS XERADOS E EVIDENCIAS

XERAIS

Bioloxía e Xeoloxía e Inglés

-Xustificación das inspeccións  

 STATION1 STATION2STATION3  STATION4  STATION5 : guess who

Física e Química:

Paisaxe e sustentabilidade (Xeografía e Historia): Vídeos elaborados:

Relixión: 1º ESO: 1º BAC: Ecoloxía Integral 1/2:

EPV: vídeo

BIBLIOGRAFÍA

 

A bibliografía empregada foi principalmente a páxina web e os recursos aportados polo proxecto Ríos

Ademáis salientamos os libros:

  • Armesto, X.F; González, M. Baiona. Vigo: Ir Indo Edicións.
  • Barreiro, H. (2012). Bayona de Galicia. Pasado y presente de la real villa histórica, turística y marinera. Edición Deputación de Pontevedra.
  • González González, M. & Cobo Gradin, F. 2006. Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Hércules Ediciones.
  • Ladrera, R; Rieradevall, M. & Prat, N. 2013. Macroinvertebrados acuáticos como indicadores biológicos: una herramienta didáctica. Ikastorratza. e-Revista de Didáctica 11, retrieved 2013/12/20 from http://www.ehu.es/ikastorratza/11_alea/macro.pdf (ISSN: 1988-5911)
  • Leiro Lois, A. & Daporta Padín, R. 2002. As árbores. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. A nosa Terra.
  • Núñez Pérez, Manuel. 2002. Os ríos. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. a nosa Terra.
  • Oscoz, J. 2008. Guía de campo de los macroinvertebrados de la Cuenca del Ebro. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.
  • VVAA. 2012. Catálogo y claves de identificación de organismos utilizados como elementos de calidad en las redes de control del estado ecológico. Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente.

-VVAA. 2005. Os ríos galegos (I): Calidade e biodivesidade. Cadernos ADEGA nº 14.

-VVAA. 2005. Os ríos galegos (II): Calidade e biodivesidade. Cadernos ADEGA nº 15.

E tamén os seguintes enderezos específicos para a sección bilingüe:

-Geography: notes on river studies. http://olevelgeog.blogspot.com.es/2009/10/notes-on-river-studies.html

-BBC Geography: river landscape. http://www.bbc.co.uk/bitesize/standard/geography/rivers/river_landscapes...

-Materias libres en pdf: http://www.primaryresources.co.uk/geography/pdfs/rivers_ws_cw.pdf, http://bogglesworldesl.com/river_worksheets.htm

 

Publicación do proxecto en EDUGA

Publicación do resumo do noso proxecto Polo río abaixo vai...

 

PREMIO DO PLAN PROXECTA AO PROXECTO RÍOS

Concedido accésit ao Plan Proxecta Ríos do noso centro. Achegamos  resolución  da Dirección Xeral de Educación. ¡Enhoraboa ao participantes!

PLAN PROXECTA18-19: PROXECTO RÍOS ACTIVIDADE CICLO e FP Básica

Un grupo de alumnas e alumnos do IES Primeiro de Marzo, do ciclo de Formación Profesional Básica en “Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios” e do Ciclo Superior en “Animación Sociocultural e Turística”, coñeceron de primeira man o proceso tradicional de lavado de roupa no lavadoiro de Sabarís. A actividade, no marco do Plan Proxecta e concretamente dentro do
Proxecto Ríos que desenvolve o centro e que vai xa neste curso escolar 2018-2019 pola súa sétima edición, levouse a cabo grazas á colaboración de dúas veciñas do municipio e que ademáis son avoas de dous alumnos que participaron da actividade. Estas mulleres compartiron co alumnado os seus coñecementos e vivencias en torno ao proceso de lavado de roupa nos lavadoiros, respostando ás súas dúbidas e facendo unha demostración práctica. Para rematar a xornada, todos os alumnos e alumnas puideron experimentar en primeira persoa, guiados por estas excepcionais mestras, como era esta dura tarefa que, ata ben pouco, desenvolveron as mulleres ao longo da Historia.

PLAN PROXECTA18-19: PROXECTO RÍOS ACTIVIDADE BILINGÜE

Este xoves23 o alumnado de Seccións Bilingües do IES Primeiro de Marzo realizou a actividade de inspección do río Baíña de Proxecto Ríos. Un ano máis, as alumnas e alumnos de 3º da ESO actuaron como monitores bilingües para os seus compañeiros de 2º da ESO, dentro do programa de innovación educativa Plan Proxecta, no que o centro leva traballando 7 anos.

 

Parabéns a todas e todos. Congratulations!!!

 Eiquí tedes un vídeo resumo, realizado pola profesora Natalia. GRAZAS!!!

Proxecto Ríos 2017-2018

 

Polo río abaixo vai...Coñecendo os ríos da nosa contorna

 Introdución

 O estudo medioambiental da contorna é unha excelente oportunidade formativa para o alumnado dun centro de ensino, con independencia do nivel educativo. Este tipo de intervencións fano partícipe e protagonista dunha análise científica enmarcada na súa realidade inmediata e fomentan a implicación individual e colectiva na valorización e conservación do medio natural.

O Proxecto Ríos, centrado no estudo dos ríos, bríndanos un medio ideal para a nosa proposta de actuación interdisciplinaria. Contribuímos así á consecución da competencia científica na secundaria obrigatoria, no bacharelato e na formación profesional que se imparte no noso centro educativo.

O noso centro educativo leva sete anos implicado no estudo dos ríos da contorna (Proxecto Ríos) sendo este o sexto dentro do Plan Proxecta. Como principal novidade nesta edición, contamos coa incorporación do departamento de Educación Plástica e Visual.

 

Grao de consecución dos obxectivos

 

A continuación aparecen recollidos os distintos obxectivos coa indicación do seu grao de consecución:

a) Específicos de Bioloxía e Xeoloxía: -Estudar os parámetros físico-químicos caracterizadores da calidade das augas. TOTALMENTE
-Estudar os parámetros biolóxicos indicadores da calidade das augas. TOTALMENTE
-Aprender a recoller mostras representativas (biolóxicas e non biolóxicas). PARCIALMENTE
-Aprender a cumprimentar unha ficha de campo, observando e interpretando os diferentes elementos da paisaxe. PARCIALMENTE
-Catalogación dos valores patrimoniais relacionados cos ríos  e concienciación da importancia da súa conservación. PARCIALMENTE
-Aprender a organizar unha saída ao campo . TOTALMENTE
-Valorar a intervención humana na paisaxe fluvial como elemento distorsionador e creador  de novos hábitats. PARCIALMENTE
-Localización dos ríos nun mapa topográfico e en soporte dixital. Delimitación de cuncas, treitos. TOTALMENTE
b) Específicos de Inglés (para Sec. Bilingües):-Utilizar a lingua inglesa como vehículo de comunicación real para unha actividade complementaria. PARCIALMENTE
-Enriquecemento no vocabulario específico relacionado. Procura selectiva e axeitada da información. /PARCIALMENTE
-Fomentar o interese pola Bioloxía e Xeoloxía, e pola ciencia en xeral, en Inglés. PARCIALMENTE
-Elaboración e pequenos informes escritos ou visuais sobre as actividades desenvoltas. PARCIALMENTE
c) Específicos Educación Plástica e Visual:.-Fomentar o interese polo medio natural. PARCIALMENTE
-Realización de collage o imaxe tratada sobre a temática desenvolvida en proxecto Ríos. TOTALMENTE
-Realización dun cartel publicitario do proxecto, con técnicas diversas. TOTALMENTE
-Realización de esculturas con material reciclado, sobre a biodiversidade presente nos ríos de estudo. TOTALMENTE
d) Específicos do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística: -Recoñecer a importancia do medio natural como base para o ecodesenvolvemento dunha comunidade. TOTALMENTE
-Explorar posibilidades de intervención na comunidade a partir do medio natural. TOTALMENTE
-Utilizar adecuadamente os instrumentos e medios necesarios para a exploración, análise e intervención na contorna. TOTALMENTE
-Cumprimentar e xestionar a documentación asociada ás intervencións en contornas fluviais. PARCIALMENTE
-Recoñecer o medio natural da contorna como recurso para a intervención en animación sociocultural e turística. TOTALMENTE.

-Recompilar a información necesaria para o deseño de itinerarios e circuítos adaptados. TOTALMENTE
-Realizar as adaptacións precisas nas actividades de educación ambiental, de cara á intervención con colectivos con necesidades específicas. TOTALMENTE

-Valorar os ríos da contorna, aplicando criterios de accesibilidade e seguridade,para actividadescos colectivos de terceira idade e saúde mental. TOTALMENTE
-Desenvolver propostas de educación ambiental e lecer, implicando a persoas dos colectivos da terceira idade e saúde mental. PARCIALMENTE

-Fomentar o interese polo medio natural da contorno máis próxima. TOTALMENTE 

-Visibilizar e difundir as accións desenvolvidas a través de diferentes canles. TOTALMENTE

Organización, desenvolvemento e metodoloxía

 ORGANIZACIÓN

-O Alumnado: implicamos a o alumnado das Seccións Bilingües de 2º da ESO (Paisaxe e Sustentabilidade), 3ºESO (Bioloxía e Xeoloxía, Inglés e Educación Plástica e Visual) e 1º de Bioloxía e Xeoloxía de Bacharelato e 1º e 2º do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística. Comentar que tamén incorporamos ao alumnado de 4º da ESO de Bioloxía e Xeoloxía

-Os Departamentos didácticos: Os departamentos implicados son: Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Servizos Socioculturais e á Comunidade, Educación Plástica e Visual.

DESENVOLVEMENTO

a) En Bioloxía e Xeoloxía (3º ESO) e Paisaxe e Sutentabilidade (2º ESO):

1º trimestre:

-visita de 3º da ESO ao río Baíña, toma de mostras e estudo no laboratorio das mesmas co alumnado de 3º da ESO de Seccións bilingües.

-visita ao río da Groba, toma de mostras e estudo no laboratorio de macroinvertebrados con 4º da ESO.

-Estudo xeomorfolóxico dos elementos dun río, dinámica e impactos.

2º trimestre:

-preparación para que o alumnado de 3º actúe como monitores para a visita de 2º de ESO, que se farán no mes de maio.

-Elaboración dun mapa topográfico 3D da contorna de Baiona onde se representan as principais cuncas hidrográficas da zona (2º ESO)

3º trimestre:

-visita ao río da Groba, toma de mostras e estudo no laboratorio de macroinvertebrados con 1º de bacharelato.

-visita ao río da Groba, toma de mostras por parte dos profesores e estudo no laboratorio das mesmas, alumnado de 1º Bach.

-Visita  ao río Baíña do alumnado de 2º da ESO (Paisaxe e Sustentabilidade), con 3º da ESO como monitores da actividade. Por mor do tempo, e repetidos adiamentos da saída, decídese realizar unha sesión no centro que representa a saída ao río Baíña, no pavillón do centro e cunha representación no chan.

-Exposición dos traballos realizados xunto cos de Educación Plástica.

b) En Inglés:

1º trimestre:

-Estudo do vocabulario específico da actividade (3º ESO)

-Estudo dos ríos (elementos dun río, ríos do mundo,...) (3º ESO)

-Tratamento da información obtida na primeira saída. (3º ESO)

2º trimestre:

-Desenvolvemento de habilidades comunicativas. (3º ESO)

-Reparto en pequenos grupos dos diferentes aspectos a estudar do río (3º ESO)

-Adquisición de vocabulario en inglés referente á proceso de formación dun río, os seus treitos e os seus elementos principais.

-Construción dunha maqueta representativa da viaxe e partes dun río empregando papel maché.

3º trimestre:

Toma de contacto co caderninho que inclúe a ficha de campo. Traballamos o vocabulario en inglés e definimos os conceptos. Axudámonos dun xogo de facer parellas creado co vocabulario da ficha de campo.

-Realización da saída ao río Baíña (interrompida polo mal tempo), e elaboración da recreación na pista cuberta do pavillón deportivo dúas semanas despois. (2º e 3º ESO)

-Elaboración dunha presentación das actividades desenvoltas na saída de primavera (3º ESO)

c) En Educación Plástica e Visual

1º trimestre:

-Recollida de información do proxecto e dos departamentos implicados, para elaborar o guión técnico para a elaboracion do cartel publicitario.( 3º ESO)
2º trimestre:

-Elaboración dos carteis na clase, en grupos de dous ou tres alumnos/as. Seleccion dos mellores carteis  para dar publicidade ao proxecto e para particpar na exposición final de curso. (3º ESO)

3º trimestre:

-Elaboráronse esculturas de insectos e outros macroinvertebrados.(3º ESO)

-Contribución a elaboración dunha exposición sobre a vida no río  (3·º ESO)

d) En Ciclo Animación Sociocultural e Turística

1º trimestre:

-Toma de contacto do alumnado co proxecto, búsqueda de información e posibles visitas ao contorno para familiarizarse co mesmo. Aprendizaxe e repaso do manexo das técnicas e instrumentos de análise e medición do río. Alumnado de 1º e 2º de Ciclo ASOCT

2º trimestre:

-Visita ao río Baíña para coñecer as posibilidades que ofrece e deseñar posibles propostas de intervención adaptadas aos colectivos (persoas con  enfermidade mental e persoas maiores). Alumnado de 1º e 2º de Ciclo ASOCT. Intervención do alumnado de 2º co colectivo asignado: saúde mental (en principio o centro co cal traballarían sería a Asociación Avelaíña). A intervención prevista coa Asociación Avelaíña finalmente non se pudo levar a cabo, dado que o alumnado de 2º do ciclo de ASOCT tan só está no centro ata finais do mes de marzo (momento no cal se incorporan ás empresas para a realización da FCT) e a climatoloxía adversa non nos permitiu atopar unha data óptima para os dous centros participantes na cal poder desenvolver a actividade.

3º trimestre:

-Visita ao Servizo de Atención Diurna de Sabarís; primeiro encontro coas participantes na actividade e entrevista de recollida de información sobre as persoas usuarias coa traballadora social do centro.  Adaptación da actividade prevista ás características e necesidades das participantes. Preparación da saída. Saída ao río Baíña co alumnado de 1º de ASOCT e 12 mulleres da terceira idade do SAD de Baiona. Xornada de explicación da actividade para as persoas do SAD que non puideron participar, na que puideron ver as mostras recollidas no río e as fotografías que se sacaron da xornada na que participaron as súas compañeiras.

METODOLOXÍA

Propuxemos un modelo de desenvolvemento deste proxecto integrado e coherente cos plans do centro (Plan Lector, Plan TIC, Convivencia,...) e con aqueles de innovación educativa xa consolidados no noso centro, que son: o Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE), o Club de Lectura (CL), o Programa de Seccións Bilingües (SSBB) e o Club de Ciencias.

O proxecto fundamentouse nunha metodoloxía baseada na indagación e aprendizaxe colaborativa, e incorporará estratexias propias da aprendizaxe baseada en proxectos e mediante retos, incluíndo propostas tipo Flipped Classroom. Todas estas actuacións axéitanse a un modelo de enriquecemento curricular, no que o noso alumnado terá a oportunidade de dar a coñecer e desenvolver aqueles aspectos curriculares e competenciais das materias implicadas, que non se dan no desenvolvemento convencional.

A nosa proposta estibo en todo momento aberta a modificacións e readaptacións facilitaron a súa consecución. O noso proxecto implicou actuacións nos seguintes niveis:

-no profesorado, na elaboración do proxecto, pero ademais durante o curso, realizaranse reunións de coordinación onde se recollerá o estado, as principais incidencias e as modificacións que se consideren oportunas,

-no alumnado do proxecto, nas intervencións conxuntas,

-no grupo clase, nas diversas actividades realizadas dentro de cada materia

-no alumno/a, posto que o modelo de enriquecemento curricular permite a detección de talentos e favorece o seu desenvolvemento

-noutros colectivos: outros colectivos locais (centro de día para persoas maiores)

-na comunidade educativa, mediante a difusión do proxecto nas diferentes canles consideradas, que son: web do centro e medios,

Avaliación

A avaliación realizouse mediante o seguimento das actividades, a revisión dos traballos, e nas reunións de coordinación do profesorado implicado.

Primeiramente realizouse unha actividade preavaliativa, para recoller as impresións previas e o coñecemento do tema por parte do alumnado (en galego, oralmente na clase).

Durante as actividades de campo tívose en conta: a recollida de información, a implicación do alumnado na actividade, o uso da lingua inglesa na mesma (alumnado da Sección Bilingüe).

Ao final das actividades, as propias fichas cubertas do proxecto Ríos e máis o caderniño de campo de cada alumno/a, a propia produción, a exposición final, as rúbricas específicas deseñadas para cada actividade e, como non, a propia elaboración da memoria final do proxecto, que se difunde a través da web do centro.

 

Listaxe de materiais xerados representativos

 

  • Construción dunha maqueta representativa da viaxe e partes dun río empregando papel maché. Primeiro aprendemos a facer o papel maché cun vídeo explicativo en inglés
  • maqueta dun río. Enlace: https://youtu.be/QDoSEWUCpyM

 

Caderniños cumprimentados, descrición do tramo do río estudado e un vídeo que mostra a saída ao río e a sesión substitutiva no centro. Enlace: https://youtu.be/LHSwYVMj2a8

-Divulgación da actividade de Proxecto Ríos  co Ciclo de Animación na prensa. Enlace: https://galego.farodevigo.es/comarcas/2018/05/20/jornada-intergeneracional-rio-baina/1894760.html

 

BIBLIOGRAFÍA

A bibliografía empregada foi principalmente a páxina web e os recursos aportados polo proxecto Ríos

Ademáis salientamos os libros:

-González González, M. & Cobo Gradin, F. 2006. Macroinvertebrados de las aguas dulces de Galicia. Hércules Ediciones.

-Leiro Lois, A. & Daporta Padín, R. 2002. As árbores. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. A nosa Terra.

-Núñez Pérez, Manuel. 2002. Os ríos. Enciclopedia Temática Ilustrada. Ed. a nosa Terra.

E tamén os seguintes enderezos específicos para a sección bilingüe:

-Geography: notes on river studies. http://olevelgeog.blogspot.com.es/2009/10/notes-on-river-studies.html

-BBC Geography: river landscape. http://www.bbc.co.uk/bitesize/standard/geography/rivers/river_landscapes...

-Materias libres en pdf: http://www.primaryresources.co.uk/geography/pdfs/rivers_ws_cw.pdf, http://bogglesworldesl.com/river_worksheets.htm

-How to make papel mache. https://youtu.be/LiSMinmcN4c

  -How to make a 3D map. https://youtu.be/AZ7lWrqidgkar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

Guardar

     

 

 

Distribuir contido

Iniciar sesión

Profesorado

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Logo Equipos Dinamización da Lingua Galega

Normalización lingüística

Contratos-Programa

Contratos-Programa 2016-17

Guardar

Guardar

e-CRSM Consumo Responsable nas Sociedades Modernas

O IES Primeiro de marzo traballou durante o curso académico 2020/21 no plan proxecta Galicons. Este proxecto é o froito do traballo levado a cabo por 3º da ESO, 4º da ESO e 1º de Bacharelato. O produto obtido é un blog repleto de ilusión, creatividade, e sobre todo moito traballo do noso alumnado.

 

Plan de Convivencia

Aprobado polo Consello Escolar Curso 2020/21

Plan de Convivencia

Difusion Oferta FP (21/22)

#FPGalicia

 

 

FORMACIÓN PROFESIONAL

Programacións

Refórza-T Contrato programa

REFORZA-T

1º-2º ESO INGLÉS

Curso 2019-2020

Programa ARCO

Liña 3 do programa, mateiras  de ámbito sociolingüístico.

Curso 2019-2020

 

BIBLIOTECAS ESCOLARES

Bibliotecas escolares de Galicia

Guardar

Guardar

Guardar

Eventos

« Septembro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930

PLAN PROXECTA

Guardar

Guardar

FSE

http://www.conselleriadefacenda.es/documents/10433/78129/00_azul+EUROPA.png/d1c76e38-9c17-400d-87bf-3bc60e5c64a4?t=1445862635503?t=1445862635504Autorizada operación FSE curso 2019/20 para PMAR     abrir aquí

Guardar

Información