Buzón suxestións
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR E ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO
Orde do 29 de abril pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR, PARA ALUMNADO DE ESO.
Acceso á aplicación : https://www.edu.xunta.gal/fondolibros
Prazo ata o 22.06.2022, tanto sea presentación no centro ou a través da sede electrónica
RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2022/23. ESO/BAC
Publicado no taboleiro da secretaría a relación definitiva de admitidos para o curso 22/23
Probas Libres FP. Convocatoria publicada nesta páxima web o pasado 18 de abril
Achégase Calendario e Programacións para as Probas Libres para a obtención do Título de Técnico/a Superior en Animación Sociocultural e Turística a desenvolver no IES Primeiro de Marzo
CIRCULAR SOBRE O PROCESO DE MATRÍCULA ORDINARIA DA ABAU E PAGO DE TAXAS.
Convocatoria para o xoves, día 19/5/22 dirixida ao alumnado e as familias:
O xoves informaremos do proceso de matrícula ordinaria da ABAU, pago das taxas e instrucións
Achegamos arquivo coa circular que entregaremos o día 19 de maio no salón de actos do centro de 9:00 a10:00 horas. Convócase a todo o alumnado que aprobe 2º de bacharelato (calquera familiar que quera tamén poderá asistir).
Informaremos sobre o proceso de matrícula na ABAU, CICLOS e UNIVERSIDADE e entregaremos os seguintes impresos:
Impreso de pago das taxas para as probas ABAU, poden descargalo da web da CiUG
Impreso de taxas para pagar o título de bacharelato. Achegamos instrucións e modelo cos códigos, este modelo entregarase o 19 na cita co alumnado. O ABONO DAS TAXAS DE TÍTULO SE FARÁ O 23 DE MAIO, DÍA DO PECHE DAS ACTAS DE AVALIACIÓN.
Circular sobre o proceso, datas, sede , contactos, etc
Calendario probas ABAU
Instrucións aplicación NERTA
Instrucións CiUG e protocolo ABAU
Aplicación Nerta: https://www.edu.xunta.gal/nerta/ (nesta aplicación se obtén datos do alumnado , reclamacións, matrícula etc)
Páxina da CiUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia):
Nesta web poden informarse sobre o proceso, notas de corte, ponderacións, oferta de grados, lexislación etc.
O IES non matricula ao alumnado nos grados da Universidade. Achegamos arquivo co calendario de solicitude de admisión nas Universidades de Galicia (SUG) 22/23
AVISO IMPORTANTE: a secretaría do IES matriculará na aplicación NERTA ao alumnado, estes terán acceso ao NERTA dende o 19 , día da entrega presencial das notas, ainda que non estean matriculados na ABAU, polo tanto só terán información sobre datos persoais ata que a secretaría lles matricule.
No momento que matriculemos na aplicación, esta xera un código de usuario ao estudante no seu email.
Achegamos CIRCULAR (adxunto).
¡Moita sorte!. Atentamente.
Secretaría do IES Primeiro de Marzo.
REMATE CURSO 2º BACHARELATO. CALENDARIO EXAMES E PROCESO DE RECLAMACIÓN
AVISO:
Remate das clases presenciais de 2º DE BACHARELATO: 6 de maio
Convocatoria ordinaria de probas (Maio): Do luns, 9 de maio ao venres 13 de maio.
Publicación notas en ABALAR: día 18 de maio ás 21 horas.
Entrega presencial dos boletíns: día 19 de maio ás 8:45 horas
* A Cita en secretaría para informarlles sobre o proceso de matrícula ao alumnado que aprobara todas as materias ou calquera familiar interesado/a, sobre a matrícula ABAU ou a matrícula en Ciclos superiores e retirar os impresos correspondentes tamén os das taxas de títulos será o 19 de maio de 9:00 a 10:00 horas
Matrícula ABAU: entregar documentación en secretaría o 23 de maio de 9 a 11 horas
Proba ABAU: 7, 8 e 9 de xuño. Comisión Delegada, nº 32. Sede: Edificio de Ciencias Experimentarias. Vigo
Achegamos arquivo coa información do calendario das probas (maio) .
*Neste días informaremos sobre o calendario da ABAU e instrucións sobre a matrícula, entregaremos ao alumnado unha circular.
AVALIACIÓN E PROMOCIÓN DO ALUMNADO. CRITERIOS DE CONCESIÓN DA MENCIÓN DE MATRÍCULA DE HONRA EN 4º DA ESO E 2º BACH. CURSO 2021/22
NORMATIVA:
ORDE DO 25 DE XANEIRO DE 2022 (DOG Nº 29 DO VENRES 11 DE FEBREIRO)
Achegamos arquivo cos criterios xerais e o artigo 12 da orde sobre os criterios de concesión de matrícula de honra.
CONVOCATORIA PROBAS LIBRES FP. DO 18 ATA ÁS 13:00 H. DO 29 DE ABRIL. CALENDARIO DE MATRÍCULA, EXAMES E INSTRUCIÓNS
Calendario PROBAS LIBRES
Calendario de admisión das probas libres
Presentación de solicitudes: dende as 19 horas do 18 de abril
ata as 13:00 horas do 29 de abril
Listaxe provisional de solicitudes: 4 de maio
Reclamación contra a listaxe
provisional
do 4 ás 9:00 horas ao 6 de maio ata
as 13:00 horas
Listaxe definitiva de solicitudes: 11 de maio
Listaxe de persoas adxudicadas: 11 de maio
Matriculación do 11 ás 9:00 horas ao 18 de maio
ata as 13:00 horas
Liberados e adxudicación continuada: do 20 ás 9:00 horas ao 31 de maio
ata as 13:00 horas
CALENDARIO FINAL DE CURSO
2021-2022
C.S. ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E TURÍSTICA
Remate das Clases: 27 de maio
Exames 3ª Avaliación: 30 de maio- 1 de xuño
3ª Avaliación. 3 de xuño
Exames Teóricos Probas Libres: 6 ao 10 de xuño
Exames Recuperación e PD: do 13 ao17 de xuño
Exames Prácticos Probas Libres: do 13 ao 17 de xuño
Presentación de Proxectos: 20 e 21 de xuño
Avaliación Final: 23 de Xuño
Información detallada nos dous adxuntos
PROCESO EXTRAORDINARIO DE ADMISIÓN CURSO 22.23. ALUMNADO NOVO
Información de interés xeneral sobre a presentación de solicitudes de admisión fóra de prazo para alumnado de nova incorporación( o prazo ordinario rematou o 21 de marzo)
A resolución de adxudicación das prazas solicitadas neste prazo extraordinario recibidas a partir do 26 de abril de 2022, correspóndelle á Inspectora de Educación con sede en Vigo.
Lexislación aplicable:
O artigo 16 do DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria,de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación establece que as solicitudes de admisión para o curso 2022-23, recibidas a partir do 26 de abril de 2022, tramitaranse conforme ao procedemento de escolarización extraordinaria.
DOCUMENTACIÓN: certificado de empadroamento, DNI proxenitores e alumno/a, copia do Libro de Familia, certificado de matrícula actual.
Achegamos arquivos cos modelos de solicitude.
O horario da secretaría para atención ao público é de 9 a 13:30 horas de luns a venres. Tfo. 886110127/886110128
DIRECTRICES SOBRE O USO DAS MÁSCARAS NO ÁMBITO EDUCATIVO E OBRIGATORIDADE DO SEU USO NO TRANSPORTE ESCOLAR
Publicadas as directrices no Portal Educativo, achegamos o arquivo coa información e destacamos o punto 3, referido ao uso das máscaras no transporte escolar e o punto 4 sobre situacións para manter o seu uso.
"3. Situacións nas que se mantén a obrigatoriedade do uso da máscara.
Tras a publicación do Real Decreto 286/2022, do 19 de abril, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, as persoas de seis anos en diante quedan obrigadas ao uso de máscaras no transporte público, incluíndose dentro deste, o transporte escolar."
"4. Situacións nas que se recomenda manter o uso da máscara:
Neste contexto normativo no que a máscara non resulta obrigatoria é
especialmente relevante lembrar a importancia de manter o resto de
medidas de protección que, ao longo da pandemia, téñense amosado
eficaces. Así, a hixiene de mans, a ventilación e evitar as aglomeracións
seguen a ter un alto valor protector. Con todo,débese ter en conta que noscentros educativos pode haber poboación vulnerable entre o alumnado e o
persoal docente e non docente, polo que a máscara resulta nestes colectivos vulnerables particularmente recomendable."
"5. Resumo uso da máscara
OBRIGATORIO
•Transporteescolar(salvo excepcións recollidas no apartado 3.1)
RECOMENDADO
•Persoal traballador do centro educativo.
•Alumnado do centro educativo.
•Centros de Educación Especial que dispoñen de servizo de residencia.
◦Persoas traballadoras.
◦Visitas cando estean en zonas compartidas.
•Casos sospeitosos e confirmados de COVID-19 e contactos estreitos
de casos."
Grazas pola colaboración.
