Buzón suxestións
Taboleiro
CONVOCATORIA FOLGA TRABALLADORES 24 DE NOVEMBRO( organismos públicos e sector privado)
Infórmolle que o Sindicato para la Solidaridad de los Trabajadores de España comunicou unha convocatoria de folga xeral para a totalidade das persoas traballadoras das empresas e organismos públicos de España, que se iniciará ás 00.00 horas do día 24 de novembro de 2023 e rematará ás 23.59 horas dese mesmo día.
CONSULTEN NO DOG DO 23/11/2023
"VICEPRESIDENCIA PRIMERA Y CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA,
JUSTICIA Y DEPORTES
ORDEN de 22 de noviembre de 2023 por la que se establecen los servicios mínimos dirigidos a garantizar los servicios esenciales durante la huelga convocada para el día 24 de noviembre de 2023."
Achegamos en arquivo adxunto o relativo aos servizos mínico no ámbito educativo
MAGOSTO 17/11/23
Este Venres teremos a celebración do Magosto no noso centro, e polo unha fantástica ocasión para desfrutar en conxunto... que non todo vai ser libros, apuntes e exames
O horario oficial para todo o alumnado e profesorado será de 12:20 a 14:00 horas.
Durante estas 2 sesións haberá reparto de castañas asadas, preparadas polo alumnado do Ciclo Básico de Actividades Domésticas e Limpeza de Edificios, así como Música ambiental, Obradoiros e Xogos Populares organizados polo alumnado do Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística.
En concreto, o alumnado de Ciclo está preparando o “Desafío Magosto”, consistente nun circuito de xogos populares, que ó completarse dará dereito a participar no sorteo duns pequenos agasallos.
Sobre as 13:45 finalizarán os xogos, e comezará o momento de recollida e limpeza, que debería ser compartida por todo o alumnado e profesorado
Que viva o Magosto!!
Saúdos.
26 DE SETEMBRO, FESTIVO LOCAL
FESTIVO LOCAL EN BAIONA:
O centro permanecerá pechado o martes, 26 de setembro
PRAZAS VACANTES EN CICLO SUPERIOR
Rematado o proceso de admisión e matrícula polo réxime ordinario, amplíase a oferta modular para o réxime de persoas adultas
Prazo extraordinario do 18 de setembro ao 22 de setembro en 1º curso de ciclo superior de animación sociocultural e turística,
Oferta: 14 prazas
Normativa: Decreto 114/2010 do 1 de xullo
Normas de convivencia e normas de funcionamento do centro
A dirección do centro publica as Normas de funcionamento do centro e as Normas de convivencia para toda a comunidade escolar.
COMUNICACIÓN AS FAMILIAS DO INICIO DE CURSO 2023/24
Comunicación ás familias: Inicio curso
Desde o IES Primeiro de Marzo damos á benvida ao curso 2023-2024
Inicio:
- 11 de setembro (horario habitual de 8:30 a 14 horas e de 16:10 a 17:50 horas) : Todos os grupos agás Ciclo Superior
- 11 de setembro Ciclo Superior: 1º ASCT (10:30) e 2º ASCT (11:30). O resto da xornada será a habitual dos Luns, ata as 14:00h, e pola tarde de 16:10 a 18:40 horas.
Haberá servizo de transporte escolar
LISTAXE PROVISIONAL DE AXUDAS FCT DO ALUMNADO DE FP. CURSO 22/23
A listaxe provisional de bolseiros está publicada no taboleiro da secretaría do centro para a súa consulta.
Período de reclamación : 10 días naturais
Publicación definitiva: 10 de outubro de 2023
