Plan COVID 21/22
Rógase extremen as precaucións ante o COVID-19
O pasado 1 de marzo de 2022, tras a valoración da situación epidemiolóxica actual por parte das diferentes comunidades autónomas, a Comisión de Salud Pública del Consejo Interterritorial del Sistema Nacional de Salud chegou a un acordo a partir do cal se elimina a recomendación de corentenar aos contactos estreitos a nivel comunitario.
Tendo en conta que os centros educativos non se enmarcan como ámbitos vulnerables, as actuacións a seguir neles serán as mesmas que a poboación xeral en canto á identificación e manexo de contactos estreitos: NON se realizará identificación dos contactos estreitos na poboación xeral e serán os propios casos os que deben informar aos seus contactos estreitos do diagnóstico de COVID para que extremen as medidas de prevención.
A definición de contacto estreito e o prazo para identificar contactos estreitos mantense, polo que comeza 2 días antes da data de inicio de síntomas (ou da toma de mostra nos casos asintomáticos) e remata no momento que comeza o illamento do caso positivo.
En relación ao uso da plataforma EduCovid:
-
Os casos confirmados seguirán rexistrándose en EduCovid
-
Os contactos estreitos do ámbito educativo NON se identificarán, polo que non se rexistrarán no EduCovid
Data implantación en Galicia: luns 7 de marzo de 2022
Actuación ante contactos estreitos identificados antes da implantación deste acordo: suspenderanse as medidas de corentena/vixilancia indicadas previamente e pasaran a aplicarse as medidas recollidas neste documento.
Recomendacións preventivas para contactos estreitos da COVID-19 a partir do 7/3/22: https://www.sergas.gal/Saude-publica/Recomendacions-preventivas-contactos-estreitos