Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Luns Maio 27, 2019 »
Lun

Comezamos o intercambio co alumnado de Quimper. Do 23 ao 30, un grupo de alumnos e alumnas de 3º de ESO acollerá nas súas casas estes mozos e mozas, iniciando así o programa de inmesión lingüística. 

O noso alumnado de Francés (ver listaxe na sala de profesorado) non asistirá ás clases:

O 24, de 8.20h a 11.10 

O 28 de 8.20 a 14.00

Realizarán actividades no centro e fóra do centro. 

Con motivo do ANO INTERNACIONAL DA TÁBOA PERIÓDICA 2019, a facultade de Química da USC organizou un concurso de carteis dirixido a alumnado de secundaria. O cartel “ O WOLFRAMIO, O OURO GALEGO”, presentado pola nosa alumna Lara Martínez  de 1º de bacharelato B, foi seleccionado entre os 30 finalistas do concurso.

O venres 24 tivo lugar, en dita facultade, a exposición dos carteis e a entrega de premios  do concurso, quedando o cartel de Lara en quinto lugar.

 

Parabéns!


 

 

Start: 27/05/2019 16:30

Estimadas familias:

A miúdo demandades información sobre que facer e como actuar cos fillos na adolescencia: unha escola de nais e pais. No curso pasado viñeron dous doutores en socioloxía da USC.

Este curso organizamos unhas charlas contando coa colaboración da Garda Civil, enmarcadas no Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos Centros Educativos e os seus contornos. Tratarán do consumo de drogas e alcohol e o uso responsable das novas tecnoloxías.

Ademais, queremos convidarvos especialmente á charla titulada: “Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención”; impartida por Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo (exalumna do noso IES), doutoras en psicoloxía. Olalla fixo a súa investigación para a súa tese doutoral “Parenting practices and problematic behaviour in adolescence: the mediating role of deviant peers” no noso IES, entre outros, durante varios cursos.

Os seus fillos/as asistiron xa a algunha destas charlas. Consideramos que tamén son moi interesantes para os pais e nais. Insistimos en solicitar a súa participación.

Calendario:

Día 20 de maio, ás 18,30h: Novas tecnoloxías

Día 27 de maio, ás 18,30h: Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención

Día 3 de xuño, ás 18,30h: Drogas e alcohol

 

Todas as charlas se celebrarán no Salón de Actos do Instituto. Envíen resposta a través dos seus fillos/as a este escrito na presente semana. Han de comunicar a súa asistencia, ou inasistencia, en cada unha delas. (Cortar pola liña de puntos e entregar as titoras e titores de cada curso.)

Start: 27/05/2019 18:30

Ás 18.30h, no salón de actos,  "Condutas problemáticas na adolescencia: o papel da familia e estratexias de prevención". Charla impartida polas psicólogas Olalla Cutrín Mosteiro e Lorena Maneiro Boo enmarcada no programa de Escola de Nais e Pais.

Despois dun curso intenso, unha nova promoción pecha a súa etapa no IES de Porto do Son. Forman parte da comunidade educativa que integran os alumnos e alumnas, o  profesorado e o persoal non docente que viviu parte da súa vida formativa e laboral no noso centro. O centro son esas persoas. Non os espazos, ou non só. A carón deles, están as vivencias compartidas nestes anos. Bos momentos e momentos difíciles. Todos eles conforman o que son, o que é o centro. Estudo, Entroidos, excursións, celebracións, amizades, amores, risos...

Música para abrir un acto que presentaron, simpáticos e emocionados, Ricardo e Ismael:

 

Houbo tamén discursos de profes e alumnado que falaron do tempo pasado no centro e dos novos camiños que agora comezan...

...

Recibiron os diplomas que os recoñecen como membros da comunidade do IES de Porto do Son. Como non, o merecido certificado de Matrícula de Honra para Clara Miranda e Adriana Pouso:

Dende o público, a alegría dos convidados, das familias, o profesorado e os compañeiros e compañeiras:

 

Felices, pecharon tamén cantando. Despois, pinchos na cafetería, charla, fotos de recordo... BOA SORTE!!!

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut