Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Domingo Febreiro 10, 2019 »
Dom
Start: 08/02/2019
End: 10/02/2019

O grupo de teatro SondoSon asistirá do venres 8 ao domingo 10 aos Encontros Caixa Escena de Galicia, na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. Sairán do centro ás 12.20h e regresarán o domingo pola tarde. 

 

Do sábado 9 ao sábado 16, viaxe a Andorra. Unha parte do alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato. 

A finais de xaneiro xa contamos que Javier Pitillas, da asociación Discamino, veu ao IES a reunirse con alumnos de 2º de ESO e do Ciclo de actividades fisico-deportivas no medio natural. SonCine vén de montar este vídeo sobre a charla. Paga a pena adicar un tempiño para velo e escoitalo. Recollemos as palabras que acompañan a publicación: 

"A valoración do alumnado foi un 10. E a emoción e aprendizaxe que naceu da experiencia da súa xenerosidade inesquecible e exemplar lembrarémola sempre. Grazas a toda a asociación Discamino, a Javier Pitillas e a Javi, Fanny, Ana, David, Jose, Gerardo... pola súa alegría, vontade e ánimo. Estaredes sempre con nós."

  

Discamino from SonCine on Vimeo.

Chéganos de SonCine o vídeo da Xornada da Sostibilidade do 21 de decembro. Foi un día de convivencia e aprendizaxe, de colaboración, de voluntariado, de pequenas/grandes accións sostibles. Tomamos as palabras que o acompañan:

"O 21 foi unha festa, unha Xornada da Sostibilidade, para ir asentando alicerces firmes! Pensar, actuar, comprometerse para plantar sementes que han de agromar na esperanza de futuro para o planeta! Grazas a tod@s! O alumnado, o profesorado, as nais… por facer desta xornada un día de celebración! O equipo de biblioteca colaborou activamente nos obradoiros e na selección das curtamentraxes que se pasaron na biblioteca e nas aulas!"

 

21 de decembro, Xornada pola Sostibilidade! from SonCine on Vimeo.

Distribuir contido


by Dr. Radut