Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
14
| 15
| 16
| 17
| 18
all day
Presentamos o novo grupo de Correspondentes XuvenÍs, dez alumnos e alumnas que, durante o curso escolar, divulgarán información relativa ás diferentes actividades, concursos e proxectos de interese persoal e académico- profesional para o alumnado e a comunidade educativa en xeral. Son as nosas "antenas informativas"! Enmárcase no Plan Proxecta e está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Departamento de Orientación e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Algúns formaban parte deste grupo de voluntariado xa en cursos anteriores; outros incorporáronse este curso. Esta fin de semana asistirán ao Encontro de Correspondentes Xuvenís 2018-19. De seguro van disfrutar e aprender da experiencia!! Aquí están, diante do punto de información que manterán actualizado. Grazas!!!! É un luxo poder contar cun equipo coma o voso!
| 19
| 20
all day
Continuamos coas charlas e obradoiros do programa Conciencia para o alumnado de 2º de ESO no segundo trimestre. Podedes ler as entradas no blog da biblioteca: Plásticos no mar, a enfermidade do planeta
|