Eventos - Filtro:
Ven | ||
---|---|---|
Presentamos o novo grupo de Correspondentes XuvenÍs, dez alumnos e alumnas que, durante o curso escolar, divulgarán información relativa ás diferentes actividades, concursos e proxectos de interese persoal e académico- profesional para o alumnado e a comunidade educativa en xeral. Son as nosas "antenas informativas"! Enmárcase no Plan Proxecta e está promovido pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o Departamento de Orientación e a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). Algúns formaban parte deste grupo de voluntariado xa en cursos anteriores; outros incorporáronse este curso. Esta fin de semana asistirán ao Encontro de Correspondentes Xuvenís 2018-19. De seguro van disfrutar e aprender da experiencia!! Aquí están, diante do punto de información que manterán actualizado. Grazas!!!! É un luxo poder contar cun equipo coma o voso!
|