Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Venres Outubro 19, 2018 »
Ven

 

Esta mañá o IES de Porto do Son uniuse á Campaña de Limpeza de Praias promovida por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia). Este venres amenceu luminoso e a media mañá o alumnado de 2º de ESO, co prefesorado, transformou a praia de Cabeiro nunha aula na natureza. O tema interdisciplinario deste curso é a SOSTIBILIDADE. Xa estamos a traballar nesa liña (os talleres con GALP, lecturas, proxectos...). Con esta acción sumámonos a outros centros escolares e cidadáns que, entre hoxe, 19 de outubro, e mañá, participarán nunha acción que nos fai conscientes da realidade: o lixo está presente nas nosas praias porque tamén o está no mar e nós somos responsables desta situación. 

Recollemos 94 quilos de lixo!!!  Botellas de plástico, latas, cabichas, plásticos varios, embalaxes de comida, tapóns, cordas, restos de bateas, nasas, preservativos...). Agradecemos ao concello de Porto do Son que nos facilitara as luvas e as bolsas para a recollida do lixo e que se comprometera a recollelo.

XUNTOS, PODEMOS COIDAR O PLANETA E REVERTER A DERIVA PRODUCIDA POLO SER HUMANO! 

 

 

No xornal La Voz de Galicia.

Con outros centros escolares de Galicia; aínda deberiamos ser máis!

 

 

 

Co alumando de 2º de ESO participaremos na campaña de Limpeza de simultánea de praias, promovida por Adega. Pendente de concretar, posiblemente de 11:50h ata as 14:00h. 

Distribuir contido


by Dr. Radut