Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Venres Outubro 05, 2018 »
Ven

Comezan as charlas da asociación antidroga Renacer; organizadas polo departamento de Orientación, forman parte do Plan de Convivencia e o Plan de Acción Titorial. Terán lugar o 5, 6, 7, 13 e 22 de novembro, segundo o organigrama exposto na sala de profesorado. 

 

O GALEGO, A MIÑA LINGUA PROPIA, é a campaña de dinamización social da lingua galega que organiza a área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña e que está a levar polos centros xornalistas, pintores, cineastas, poetas, editoras, músicos.... Son referentes na cultura galega, fixeron e fan da lingua galega e da identidade galega a base dos seus traballos e das súas creacións.

Connosco, este martes na biblioteca, estiveron Aldaolado,  Lucía Aldao e María Lado. Porque si. Porque son poetas, porque contan en galego, cantan en galego, porque senten e comunican en galego… Porque rin. Porque nos fan rir. Porque conmoven. Porque moven… 

Entra no blog da biblio, ETIKELES, para ler sobre esta actividade do EDLG, o equipo de biblio e o departamento de Lingua Galega. Conseguiron enganchar o alumando de 4º de ESO!

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut