Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Mércores Outubro 10, 2018

Taller de GALP (Grupo de Acción Costeira), “Flora e fauna das nosas rías” para 2º de ESO. Dentro do tema interdisciplinario do curso: a sostibilidade. Realizarase nas aulas no seguinte horario:

De 8:20h a 09:10h, 2º C (TIT.)

De 12:20h a 13:10h, 2º A (FQ)

De 13:10h a 14:00h, 2ºB (David)

Xoves Outubro 11, 2018

Onte comezamos o programa Con-Ciencia. A biblioteca será o espazo onde se desenvolverán os obradoiros e talleres sobre sostibilidade, nos que alumnado de 2º de ESO participará ao longo do curso en sesións de titoría e nas materias de Física e Química e ITI.

No marco do noso tema interdisciplinario para o 2018-19, facemos nosos os obxectivos desta iniciativa promovida polo Grupo de Acción Local de Pesca Costa Sostible,  Seo de Fisterra-Ría de Muros Noia, e no que colaboran o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, a Asociación de Oceanográfos de Galicia e a Fundación CETMAR (Centro Tecnolóxico do Mar), co respaldo da Consellaría do Mar e o FEMP (Fondo Europeo Marítimo e de Pesca). Coma eles, pretendemos “con-cienciar” o noso alumnado e procuramos:

  • Poñer de manifesto a problemática actual global en materia de medio ambiente.
  • Valorar e debater como nos afecta a nivel local.
  • Fomentar unha actitude e traballo en equipo para tratar de expoñer solución.

Entra no blog da biblioteca para ler como foi a xornada.

Distribuir contido


by Dr. Radut