Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Start: 11/05/2017 10:55
End: 11/05/2017 10:55
O alumnado do ciclo participou como voluntario na organización do RAID GALLAECIA WORLD SERIES, que se celebrou entre o 7 e o 14 de Maio de 2017 na zona norte de la provincia de A Coruña (Eume, Ortegal, Ferrolterra). O Raid forma parte das probas da Adventure Racing World Series. Involucrarse, a liña de traballo para adquirir as competencias da súa formación. Unha vez máis, o compromiso deste alumnado e do seu profesorado!!!
Start: 11/05/2017 11:05
Unha parte do claustro asistiu onte á sesión de formación do Seminario de Convivencia impartida por Eloísa Teijeira. Foi unha desas interesantísimas e útiles sesións que o profesorado pode recibir a través do servizo de formación que nos facilita o CAFI a aqueles centros que desenvolven Seminarios de Formación. Recibila no centro, un luxo. Actualmente membro do servizo de Orientación da Consellería de Educación, foi docente e orientadora en diversos centros de Galicia, asesora do CFR de Vigo. É investigadora no ámbito da psicopedagoxía, experta en diversidade, metodoloxías para a inclusión e a convivencia e membro fundador da Asociación Convives, que promove a educación en positivo na escola. Recomendámosvos a inscrición na revista dixital que publican: Convives. Un amplo currículo para dar conta dunha muller que é quen de transmitir o entusiasmo pola educación. Falounos da convivencia nos centros nun sentido amplo, na responsabilidade que temos como docentes na súa xestión, no noso papel como guías para o alumnado, e, en moitos casos, para as familias, dos conflitos, dos retos que a sociedade non presenta... Aportounos ferramentas para a revisión, elementos de reflexión e orientación nos camiños a seguir. De seguro, unhas horas que han dar sementes e froitos.
Imprescindibles como fonte de información.Arquivos pdf, organizados poloCEMIX do Concello da Coruña. https://goo.gl/iz8p4w
Podes ver aquí varios enlaces a sitios web de interés para a túa orientación á Formación Profesional. Un text: que me gustaría facer??? aquí >>>> http://fpbide.com/es/
A páxina (moi clariña) da Consellería de Educación / Formación Profesional
aquí>>> Unha guía que estrutura moi ben a información
Unha presentación sobre preinscripción e matrícula.
|