Skip to Content

Novas

Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior. Próxima convocatoria 2019

Nos próximos días publicarase no DOG a Orde de convocatoria das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e superior para o ano 2019. Á espera desa publicación, xa podemos acceder ao borrador da Orde de convocatoria e tamén ao calendario de desenvolvemento.

Grao medio:

Proxecto E-Dixgal: Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento

Proxecto E-Dixgal: Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento

Co fin de mellorar a calidade e a dispoñibilidade dos servizos e a infraestrutura tecnolóxica a disposición dos diferentes colectivos que forman a comunidade educativa pertencente á rede de Centros E-Dixgal, desde este luns 3 de setembro está operativo o Servizo Premium de Atención, Soporte e Acompañamento.

AbalarMóbil, a aplicación que lle permite consultar a información académica dos seus fillos no seu teléfono móbil

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

 

Proxecto EDIXGAL: segundo curso académico no IES Perdouro (2018-2019)

Finalizado o primeiro ano de implantación no noso centro, o proxecto EDIXGAL continuará aplicándose en 1º e 2º de ESO no curso académico 2018-2019. Se ben a Consellería de Cultura e Educación manifestou, nun principio, a intención de continuar estendendo o proxecto aos cursos máis altos, finalmente optou por mantelo cinguido a 1º e 2º de ESO, polo de agora, a cambio de dar entrada a un maior número de centros.

O proxecto EDIXGAL consiste, en poucas palabras, en proporcionar aos alumnos e alumnas un ordenador portátil (dispositivos convertibles de 12 pulgadas que funcionan como ordenador ou como tableta) que terán ao seu dispor as 24 horas do día para traballar con recursos dixitais gratuítos (libros dixitais, actividades interactivas, etc.) utilizando metodoloxías activas, máis apropiadas para formarse nas competencias e habilidades que se requiren para desenvolverse na sociedade actual.

Calendario escolar 2018/2019

Calendario escolar oficial publicado pola Consellería de Cultura e Educación:

Admisión a Ciclos Formativos: do 25 de xuño ao 3 de xullo

Se desexas obter praza nun ciclo formativo de formación profesional para o curso 2018/2019, debes presentar a túa solicitude durante o período ordinario, desde o día 25 de xuño ata as 13h do 3 de xullo (haberá un período extraordinario do 3 ao 11 de setembro).

Consulta a oferta de ciclos formativos do IES Perdouro, que en resumo é a seguinte:

  • Ciclos medios: Instalacións de telecomunicacións, Mecanizado, Peiteados e cosmética capilar, Xestión administrativa
  • Ciclo superior: Administración e finanzas.

Campamentos de Verán 2018

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2018.

As solicitudes poden tramitarse ata o 18 de maio de 2018.

Máis información na web de Xuventude e no DOG do 25 de abril de 2018.

VI Campus de Verán XuvenCiencia - Lugo 2018 - Cinco días de experiencias científicas e de ocio na Universidade

Un ano máis, a Universidade de Santiago de Compostela convoca o campus de verán XuvenCiencia de Lugo, no que 150 estudantes de ensino medio vivirán unha semana de experiencias inesquecibles.

O obxectivo do Campus de Verán é poñer ao alumnado en contacto directo coas diversas ramas das ciencias experimentais e sociais e da tecnoloxía, así como coa contorna universitaria.

O IES Perdouro abre a convocatoria para realizar as prácticas de FCT no estranxeiro (Erasmus+)

Convocatoria

Está aberta a convocatoria, dirixida ao alumnado do noso centro, para realizar as prácticas de FCT no estranxeiro neste curso académico 2017/2018 (Programa Erasmus+)

Se estás cursando o segundo ano dun ciclo formativo de grao medio ou de FP Básica podes presentar a túa solicitude ata o martes día 17 de outubro. Información máis detallada no noso blog de Programas Internacionais.

Asamblea Xeral da Asociación de Nais e Pais

APA IES PERDOURO     CIF: G-27 020 429

Ante o comezo do novo curso queremos facer un chamamento a tódolos pais para que asistades á Asamblea Xeral da Asociación de Nais e Pais de Alumnos do IES Perdouro que terá lugar na Biblioteca do centro o vindeiro martes 17 de Outubro do 2017 ás 19,30 h en primeira convocatoria e ás 20 h en segunda convocatoria.

O proxecto EDIXGAL no IES Perdouro

O IES Perdouro incorpórase ao proxecto EDIXGAL a partir do curso 2017-2018

O proxecto EDIXGAL consiste, en poucas palabras, en proporcionar aos alumnos e alumnas un ordenador portátil (novos dispositivos convertibles de 12 pulgadas que funcionan como ordenador ou como tablet) que terán ao seu dispor as 24 horas do día para traballar con recursos dixitais gratuitos (libros dixitais, actividades interactivas, etc.) utilizando metodoloxías activas, mais apropiadas para formarse nas competencias e habilidades que se requiren para desenvolverse no século XXI.

Distribuir contido


by Dr. Radut