Electricidade
1ª FEIRA DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS E ARTÍSTICAS DE PONTEAREAS (5 e 6 de febreiro de 2018)
O noso centro participou na 1ª Feira das ensinanzas profesionais e artísticas que se celebraron en Ponteareas o 5 e 6 de febreiro de 2018.
Estivemos presentes cun stand onde os alumnos de 2º curso do ciclo medio de instalacións eléctricas e automáticas mostraban diferentes prácticas como eran:
- Bobinado de motores
- Programación de autómatas e módulos lóxicos
- Variador de velocidade dun motor
- Fusionadora de fibra óptica
PRESENTACIÓN CICLO GRAO MEDIO ELECTRICIDADE E TRÍPTICO INFORMATIVO (2018).
CICLO DE GRAO MEDIO DE INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS E AUTOMÁTICAS DE 2.000 HORAS REPARTIDAS EN DOUS CURSOS ACADÉMICOS.
VISITA AO MUSEO CIENTÍFICO EN PONTEAREAS
O alumnado do Ciclo de Grao Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, acompañado da profesora Puri Rodríguez, visitou o Museo Científico fixado en Ponteareas con motivo da celebración da primeira edición da "Semana das Ciencias".
VISITA Á CENTRAL DE TELEFÓNICA EN VIGO
O alumnado do ciclo formativo de Instalacións Eléctricas e Automáticas, acompañado polos profesores: Puri Rodríguez e Alberto Boullosa, participou hoxe nunha visita á Central de Telefónica en Vigo co obxectivo de obter unha visión mais do funcionamento dunha empresa do sector.
VISITA Á CENTRAL ELÉCTRICA SESTELO.
Hoxe, 26 de xaneiro, os alumnos do Ciclo de Grao Medio de Instalacións Eléctricas e Automáticas, acompañados polos seus profesores, visitaron as instalacións da Central Eléctrica Sestelo.
Ao longo da mañá, un responsable da empresa amosou ao noso alumnado distintos aspectos relacionados co funcionamento da central: centros de transformación, liñas de distribución e tarifas eléctricas.