Skip to Content

Novas

CUALIFICACIÓNS FIN DE CURSO

 As cualificacións de fin de curso serán publicadas na tarde do día 23 en Abalar.

O luns 27 as familias poderán recoller en papel as cualificacións no seguinte horario:

RESIDENCIAS DE ESTUDANTES PARA O CURSO 2022/23

UNIVERSIDADE

1. A USC (Universidade Santiago de Compostela) abre o prazo para solicitar praza nas residencias públicas do Campus de Santiago e Lugo. O prazo remata o 28 de xuño. Toda a información neste Enlace.

2. A UVIGO (Universidade de Vigo) non ten residencias públicas, senón concertadas. Polo tanto, para reservar praza hai que poñerse en contacto directamente coa residencia que nos interese:

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (DOG nº 95 do 18 de maio de 2022).

Enlace á normativa

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 22 de xuño de 2022.

O noso centro está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2022/23 polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Soamente poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar o alumnado de ESO.

 

Formas de presentar a solicitude:

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2022-2023

Todo o alumnado dos centros adscritos que solicitou praza para o vindeiro curso está admitido. Pódense consultar as listaxes no taboleiro do centro.

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE CENTROS NON ADSCRITOS

Normativa e manuais

Do día 1 ao 21 de marzo de 2022 estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2022-23.

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

1. Cubrir a solicitude informaticamente e presentala asinada de xeito manual no centro.

2. Cubrir a solicitude informaticamente e asinana en Sede Electrónica.

3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro. Descargar documento.

ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS 2022

DOG do día 31 de xaneiro, da Orde do 11 de xaneiro de 2022, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Prazo de solicitude: do 1 ao 28 de febreiro 2022.

REQUISITOS:

  • Estar cursando 1º ou 2º de Bacharelato nun centro público.

  • Non ter concedida outra axuda para o mesmo fin.

  • Ter superadas todas as materias no curso 2020/2021

  • Nota mínima na lingua da materia estranxeira que se vai perfeccionar de 6 ou superior no curso 2020-21.

PROGRAMA ESCOLAR DE CONSUMO DE FROITA E LEITE

O noso centro participa no Programa escolar de consumo de froita, hortalizas e leite patrocinado polo Fondo Galego de Garantía Agraria. O alumnado poderá desfrutar nos recreos de leite fresco galego 100% e froita fresca de primeira calidade.

                               

 


   

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut