Skip to Content

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (DOG nº 95 do 18 de maio de 2022).

Enlace á normativa

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 22 de xuño de 2022.

O noso centro está incluído no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2022/23 polo que está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Soamente poderán solicitar a axuda para adquirir material escolar o alumnado de ESO.

 

Formas de presentar a solicitude:

  • Presencialmente na secretaría do centro. Neste caso imprimirán o Anexo I (solicitude) e o Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar) e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.

  • Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Enlace

  • Na aplicación fondo libros. Enlace

AdxuntoTamaño
solicitude axuda material escolar (Anexo I).pdf1.54 MB
Anexo II.pdf990.25 KB


page | by Dr. Radut