Skip to Content

Presentación

  Código QR de Tecnología


 

¿Cal é a finalidade da materia de Tecnoloxía?
             A finalidade é que “os xoves asimilen os elementos esenciais da cultura do noso tempo, e que se preparen para ser cidadáns capaces de desempeñar as súas obrigas e exercer os seus dereitos nunha sociedade democrática, pluralista e tecnoloxicamente avanzada”.
             É esta dimensión cultural o que xustifica a inclusión da tecnoloxía no currículum da etapa de ensino secundario obrigatorio, e para nós vai ser a liña mestra da nosa actividade docente.

¿Que define á sociedade e ó home en cada momento?
             Sen lugar a dúbidas a tecnoloxía. O home é humano porque crea tecnoloxía. O perfil do noso contorno ten un rostro cun aspecto que emana dos materiais, das ferramentas e da enerxía que o home dispón neste momento, condicionando a súa forma de vida, cada día máis preto dese paraíso terreal que parece alcanzarse coas  novas tecnoloxías, como a informática e a electrónica; pese a todo, a utopía tecnolóxica non deixa de ser unha quimera que aínda se nos escapa entre as nosas humanas contradicións.

¿É boa a tecnoloxía?
            O home puíu a pedra para que penetrara con maior facilidade nos corpos dos animais que pretendía cazar; empregouna logo en contra dos seus semellantes. A ambivalencia tecnolóxica, o bo e o malo da tecnoloxía, depende exclusivamente da bondade daqueles que a aplican; en si mesma, a tecnoloxía é boa, e sempre contribuíu a que os débiles e os máis humildes puideran dispoñer dunhas maiores posibilidades para vivir.

En resumo
            Uns cidadáns coma nós, nunha afortunada sociedade coma a nosa, cunhas garantías que nos van permitir vivir nun estado de liberdade e benestar descoñecidos noutros eidos, imos ter unha maior capacidade para integrarnos nela se estamos máis predispostos a entender a tecnoloxía que nos move, e así ser partícipes dun futuro emocionante que hoxe  xa empeza a ir máis aló das salas de cine para rapaces.




book | by Dr. Radut