Skip to Content

Localización

LOCALIZACIÓN

MAPA EDIFICIO RIBEIRO

MAPA EDIFICIO ABRENTE

Esta comarca consta de dez municipios: Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Catrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Melón e Ribadavia.
A súa poboación é de 19.801 habitantes, distribuída nunha superficie de 407,1 km2 e cunha densidade de 48,6 Hab./km
A maior concentración da poboación prodúcese nos concellos de Ribadavia, Avión e Castrelo de Miño, que suman máis do 50% da poboación comarcal. Con carácter xeral a tendencia de evolución da poboación é negativa, xa que nos últimos trinta anos perdeu máis de 10.000 habitantes.
A Autovía A-52 fai que esta vila e en xeral esta comarca se atope moi ben comunicada con Ourense e Vigo.

SITUACIÓN SOCIOECONÓMICA, SOCIOLINGÜÍSTICA E CULTURAL

A maioría da poboación emprázase no medio rural, polo que o sector primario sobresae como máis relevante, destacando a agricultura e en concreto as explotacións vitícolas.
Este sector primario é o definitorio por excelencia na Comarca, tanto pola súa importancia comercial como pola superficie adicada. O Ribeiro está claramente marcado por un cultivo que lle deu fama a esta terra dende a Idade Media: o cultivo da vide. Os chans de orixe granítica e areosa, son os que lle dan ós viños unhas características de lixeireza, finura e delicadeza que os sitúan dentro da gama máis alta de calidade. Dos dez municipios desta comarca, oito son os que pertencen ó Consello Regulador o resto adícanse ó cultivo para o autoconsumo. Paralelamente, a horticultura, fruticultura e floricultura exténdense pola maioría dos municipios da comarca con especialidades concretas, como é o caso dos pementos de Arnoia, impulsado polo uso dos invernadoiros.

Localización

O sector secundario ten unha importancia limitada e vínculase principalmente co aproveitamento dos recursos naturais e as materias  primas endóxenas. A poboación ocupada neste sector atópase fundamentalmente en industrias transformadoras de madeira, agroalimentarias, de actividade extractiva e carpintería metálica.
O sector terciario baséase fundamentalmente no comercio e nos servizos públicos, concentrándose casi todo en Ribadavia, cabeceira de comarca e centro neurálxico de toda a zona.
O paro, ó igual que en outras zonas, é un problema latente, isto desencadea que moita poboación se instale nas cidades máis  próximas posto que as ofertas de traballo son máis numerosas. Outra parte emigra a distintas zonas do territorio nacional e incluso ó estranxeiro.

As ofertas culturais en Ribadavia, capital de comarca, son bastante variadas ó longo do ano: teatro, danza, música... ; e no rural practicamente inexistentes aínda que poderiamos destacar que no municipio de Leiro segue en funcionamento un cine.
Por último dicir que a maioría dos habitantes de dita comarca  empregan o galego como lingua de comunicación, tanto a nivel familiar como nas relacións sociais.

Distribuir contido


by Dr. Radut