Lingua galega

"Os vellos non deben namorarse", unha representación de Uxía Seoane

Impresionante traballo de Uxía Seoane (e familia) que recrea con monicreques distintas escenas da obra de teatro de Castelao Os vellos non deben de namorarse.

Moitísimos parabéns pola interpretación dos textos, o deseño e elaboración das figuras e o resultado final do vídeo.

'irmá paxaro' na Festa da Poesía da Estrada

As alumnas Alba Muimenta e Manuela Rey participaron o pasado 1 de decembro na Festa da Poesía da Estrada recitando textos do poemario irmá paxaro, de Tamara Andrés, autora que mantivo un encontro arredor desta obra co alumnado de 4º ESO.  

Miña irmá é un paxaro que xa non me fala

aaa

Encontro con Tamara Andrés, autora do poemario "irmá paxaro"

O próximo martes 15 de novembro o alumnado de 4º ESO manterá un encontro con Tamara Andrés, autora de irmá paxaro, poemario editado por Cuarto de Inverno e ilustrado fermosamente por María Montes, polo que mereceu o Premio ao Mellor Libro Ilustrado na Gala do Libro Galego 2020. Ademais, o libro foi finalista do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil.

Como se sinala na presentación editorial da obra, "irmá paxaro é o relato da perda da complicidade entre dúas irmás descoñecedoras de que o golpe máis duro é o paso do tempo".

Esta actividade desenvólvese no marco do Programa Encontros Literarios que convoca a Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura do Ministerio de Cultura e Deporte e é organizada polo Departamento de Lingua Galega e a Biblioteca.

Alumnas do IES participan no Parladoiro das Letras, no Teatro Principal

Este venres ás 20.30h, no Teatro Principal, tivo lugar unha nova edición do Parladoiro das Letras coa presenza da escritora Ledicia Costas. O acto contou coa colaboración de alumnos e alumnas dos distintos centros educativos do municipio, entre eles o noso, o IES Nº1.

Uxía Seoane e Jéssica Afonso participaron na entrevista á autora, cunha interesante pregunta sobre o libro Infamia, que foi  o libro máis lido nos clubs de lectura de Galicia na ESO durante o curso 2019-2020.

Ledicia Costas é unha das autoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega. Nos últimos años recibiu importantes recoñecementos, como o Premio Merlín de literatura infantil, o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, ou o Premio Lazarillo, entre outros.

1.jpg

Inauguración da exposición sobre García Barros

A mostra “Manuel García Barros. Vida, obra e pensamento”, que estivo exposta na Casa das Letras da Estrada, continúa o seu periplo polos centros escolares do municipio, e desta volta chegou ao noso IES, ao Nº1. E así, todo o alumnado e profesorado do Nº1 poderá contemplar os paneis sobre o autor  estradense, situados no corredor da última planta. O comisario da exposición, o profesor Carlos Loureiro, será o encargado de presentárllela proximamente aos nosos alumnos e alumnas, e logo emprenderá viaxe cara aos demais centros educativos da localidade.

2022 10 expo garcía barros  (6)2.jpg

O IES Nº1 en Radio Estrada

O sábado, día 26 de febreiro, Alba Moimenta (1º ESO), Lía Expósito (1º ESO) e Marta Pedreira (4º ESO), alumnas do IES Nº 1, participaron, convidadas por Isabel Durán e Pilar Bernárdez, nunha  sección  especial de “Recunchos da Lingua” no programa Mañás do sábado, con motivo da celebración do Día de Rosalía.

Ademais do IES Nº 1, tamén acudiron á convocatoria o IES Losada Diéguez e os CEIP Cabada Vázquez, O Foxo e Pérez Viondi.

 DÍA DE ROSALÍA EN RADIO ESTRADA - Google Fotos

Criterios de cualificación - Lingua Galega

2017-18 Excursión a Portugal

2019 03 excursion a portugal 2 (4)

VISITA Á CIDADE DA CULTURA E AO PARLAMENTO DE GALICIA

Organizado polos departamentos de Ciencias Sociais e de Lingua Galega e Literatura, o xoves, día 8 de novembro, o alumnado de 4º da ESO realizou unha viaxe a Compostela para facer unha visita guiada á exposición “Galicia máxica”,  centrada na figura de Castelao e no impresionante cadro “ A derradeira lección do mestre”, traído dende Arxentina e que se coñece  como “O  Guernica galego”.

Na mesma xornada realizamos unha interesante e didáctica visita  ao Parlamento de Galicia onde, alén de explicarnos  o funcionamento deste organismo e de visitarmos as súas instalacións,  tivemos a oportunidade de protagonizar unha sesión parlamentaria sobre un tema relacionado coa educación.

Dúas actividades moi interesantes, nunha mañá intensa de moito temporal, na que non tivemos nin un mínimo descanso,  pero que pensamos  mereceu a pena.

ANDREA MACEIRAS VISITA O NOSO IES

Este martes, día 13 de novembro,  a escritora Andrea Maceiras tivo un  encontro co alumnado de 3º e 4º da ESO para falar da novela “O que sei do silencio”,  que trata sobre acoso escolar. A autora confesou que era a primeira vez que falaba desta obra con lectores e lectoras de secundaria por ter sido publicada moi recentemente e que quedou finalista do Premio Raíña Lupa 2017.

escritora 1

 

andrea maceiras 3

Semana da Lusofonia no IES nº 1 da Estrada (24-28 de abril)

lusofonia

Actividades literarias no Museo Provincial de Lugo

O pasado martes, 7 de abril, o alumnado de 2º ESO participou nunha actividade deseñada polo Museo Provincial de Lugo a partir da lectura dun libro de relatos de medo: Contos no Museo.

 

14-15 museo de lugo  (7) (Copiar)

Visita ao Museo do Pobo Galego

23 de Abril, Día do Libro

Por abril o noso ies un a toda lectura en libros activos e activados

Día 23 de abril, primavera a camiño, nacemento e vida, lectura activa.Día de Libros.Velaí unha proposta de afectos, ler, para así saber un pouco máis quen somos, poisa o ler…lémonos, e así a través dos libros atopámonos con moita cousa para irnos construíndo, aínda que mesmamente un libro non nos guste, na nosa BIBLIOTECA, na casa e nas Librerías, hai moitos máis onde conectar para así sentirnos vivos e verdadeiros suxeitos da nosa madureza como persoas. Velaí un mundo de mundos no soporte, non único, dos Libros e estes arriquecidos no enerxético da Cultura nosa e así logo na comunicación da nosa Lingua ( e tamén nas outras, pois son flor de pobos e iso debemos respéctalo sempre).

O ies nº1 así neste 23 de abril e de primavera, a augas mil, vai a toda lectura para seguir polo ano adiante, e sempre, en hábito lector da man dos libros para estar no mundo, neste mundo, que soñamos sostible e mellor.

Elaboración artesanal dos pratos de polbo

Un traballo de Rubén Míguez Baltar 
de 1º ESO.
Distribuir contido