Plástica, Album

Escolma das imaxes da "Nosa memoria Colectiva"

Segundo catálogo de RECUPERACIÓN DA NOSA MEMORIA COLECTIVA.

IES Nº 1 da Estrada rematouo seu segundo catálogo de RECUPERACIÓN DA NOSA MEMORIA COLECTIVA.

A idea foir unir e catalogar un arquivo dixital fotografíco que entre todas as famílias que conforman a comunidade escolar para crear unha imaxe colectiva dunha época nun territorio determinado: A Estrada, para recuperar, como nun puzzle, un mundo que se esvae e outro que se transforma.

 

MOITAS GRAZAS A TODOS, ESPECIALMENTE A AQUELAS FAMILIAS QUE PARTICIPÁCHEDES NO PROXECTO.

Certame de recolla das imaxes do Patrimonio Cultural Inmaterial galego-portugués

Cada alumno pode participar con unha ou varias fotografías, tomadas en datas anteriores a 1970, que serán enviadas á asociación a través do centro educativo no que estude. As fotografías conterán imaxes de calquera aspecto relacionado co Patrimonio Cultural Inmaterial (oralidade, saberes tradicionais, ciclo festivo anual, cultura agromarítima, etc. ) e presentaranse dixitalizadas

 

Os participantes só poderán achegar fotografías que sexan propiedade da súa familia sendo motivo de exclusión do certame a aportación de imaxes de fora dese ámbito

 

A Nosa Gran HIstoria Colectiva

ruth matilda anderson

 

 [...] que ela, a vida, non ten partes, senón lugares e rostros.

                          María Zambrano

 

O IES Nº 1 da Estrada proponvos unha actividade de RECUPERACIÓN DA NOSA MEMORIA COLECTIVA.

2016-17 Excursión de 1º ás Fragas do Eume e Ferrol

Dentro do programa de colaboración co PROXECTOTERRA este ano o alumnado de 1º ESO participou do intercambio nas comarcas de Ferrol e as Fragas do Eume. Disfrutamos dun paseo pola ría, a guía tamén levounos polos lugares máis sinalados de Ferrol, visitamos o Museo Naval, o castelo de San Felipe, unha Aula de Medio Ambente, visitamos o Castelo dos Condes de Andrade, no Albergue de Albarella tratáronnos de marabilla e aprendimos moitas cousas sobre as vivendas sostibles, ademáis foron unhas estupendas guías polas Fragas do Eume e o Mosteiro de Caaveiro

  

16-17 ferrol fragas eume  (73)

geometría básica

Árbore de Nadal

Coqueteando coa xeometría, os móbiles, os calidociclos de Escher e as redes modulares,no IES Nº 1 da Estrada, estamos armando este estupenda árbore de Nadal nas clases de plástica !!

 

16 - 17 ARBORE DE NADAL  (13)

Plástica - Traballos para o verán para os que teñen que recuperar a materia

TRABAJOS PARA PRESENTAR EN SEPTIEMBRE
ESTÁN CLASIFICADOS POR CURSOS
 
Prestar mucha atención los de 3º y 4º.

Conmemoración do Centenario de Nós

Conmemoración no IES Nº 1 da Estrada do centenario da primeira exposición na Coruña da exposición das láminas do libro NÓS de Castelao

 

 

 

 

Animación sobre un cadro de Joan Miró

Un traballo realizado polo alumando de 1º ESO na matería de Plástica e 3º ESO na materia de Iniciación aos Médios Audiovisuais

 

RULA E VINCULA

RULA E VINCULA.

Orgullosos do NOSO. Orgullosos do UN. Da casa, da eira, das corredoiras e dos carballos, das cerradas e das cancelas, dos regatos e das pingueiras. Dos castros, dos penedos, cruceiros, outeiros, fervenzas e toxeiras. Pombais, muíños e hórreos. A igrexa, o cemiterio,o campo da festa e o de fútbol. Da taberna e o tele-club.

Todos eles son partes de UN e agora queremos recollelos, capturalos en imaxes, para formar parta da nosa memoria fotográfica.

COLABORA

na elaboración desta recopilación fotográfica aportando todas as fotos que queiras. 

RECORDA 

que o nome do arquivo fotográfico (a foto) debe facer referencia a onde foi tomada. Se a cámara (ou móbil) ten a posibilidade, preferimos que activedes o GPS porque pretendemos ubicar todas as fotos en Google Maps. Ten en conta que faránse públicas todas as fotos polo que non queremos que aparezan persoas nin lugares comprometidos.

COMO COMPARTIR

As fotos (cos datos de geolocalización incrustados) pódense enviar como arquivo adxunto a:

profe@n1plastica.es

Se as fotos carecen de localizador gps, rogamos que fagan unha descripción moi exacta do lugar donde foron tomadas.

O alumnado do IES Nº 1, ademáis, pode envialas polo EDMODO e como arquivo adxunto ao profesor  Jano Sanmartín

Correlingua, 2013

Vídeo realizado por Raúl Constenla para 3º IMMAA.

 

O alumnado de 1º recitando a Rosalía de Castro

Galego porque me peta

Traballos realizados polo alumnado de 1º e 4º de ESO, o departamento de plástica e o de dinamización lingüística 

 

GALEGO PORQUE ME PETA


Unha cea de amigos

Traballo dos alumnos de 1º C, en colaboración dos departamentos de Galego e Plástica.

En memoria de Aquilino Iglesia Alvariño

 

En recordo de Rosalía de Castro

Traballo do alumnado de 1º ESO en memoria de Rosalía de Castro e de tantos e tantos estradenses que, no seu día, tiveron que deixar casa e familia.

De reformas polo Centro

O alumnado de 4º de plástica rematou un magnífico traballo de decoración dalgúns rincóns do noso Centro.

 

Vídeo-clip

Traballo realizado por Belén Gestoso (4º ESO) para a materia de Iniciación aos Medios Audiovisuais

Elaboración dun móbil polo alumnado de 4º de plástica

Vídeo sobre a multiculturalidade e a paz entre os pobos

Realizado por Juan Fernández, 4º de ESO, para a materia de Iniciación aos Medios Audiovisuais.

Fotos da comarca da Estrada en Google Maps

google maps

RULA E VINCULA. Arquivo fotográfico


rula e vincula

PINCHA AQUÍ PARA VER A IMAXE AMPLIADA

 

Dende o IES Nº 1 queremos facer un banco de imaxes coa maior cantidade posible de fotografías dixitais do entorno rural da Estrada. Para este proxecto a colaboración da Comunidade Escolar é fundamental.

As fotografías pódense pasar mediante calquera soporte informático (pen, tarxeta de memoria, cd, dvd, etc.) preferiblemente aos profesores David ou Jano, tamén se habilitará temporalmente un ordenador en conserxería a tal efecto. O material será devolto aos propietarios unha vez copiado.

Os arquivos ou carpetas deberán indicar o lugar onde foron feitas as fotografías.

Se a cámara ou móbil teñen localizador GPS preferimos que o activedes, para poder colgar as fotos no Google Maps e situalas no lugar exacto onde se tomou.

Concurso Foto ÁRBOLES PATRIMONIO VIVO

arbolpatrimoniovivo

Exposición Mary Oliveira

A lectura de imaxes

Apuntes sobre a lectura de imaxes fixas e en movemento. Estructura elemental dos guións.

Distribuir contido