SEMANA DO LIBRO

No IES Monterroso celebramos a Semana do Libro entre os días 23 e 26 de abril con diferentes actividades promovidas polo Equipo de Biblioteca, o Departamento de Artes Plásticas, o Departamento de Lingua Castelá e Vicedirección.

Decidiuse achegar fondos da Biblioteca relacionados co cómic ao alumnado, expoñendo algunhas obras no vestíbulo.
O alumnado de Debuxo complementou a actividade ilustrando personaxes de cómic.



Aproveitando algún recreo, alumnado voluntario da ESO leu fragmentos do Quixote no vestíbulo do instituto.



Tamén no Departamento de Artes Plásticas realizáronse actividades de animación á lectura, escribindo microcontos, ilustrando poemas e frases feitas.



O alumnado de 1º ESO fixo algunas recomendacións de lectura aos compañeiros e compañeiras doutros cursos.