GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

Na tarde do martes 22 de maio celebrouse a cerimonia de graduación e despedida do alumnado de 2º de Bacharelato, en compañía de numerosos familiares e parte do claustro de profesores e profesoras. A celebración supuxo un recoñecemento ao esforzo realizado por esta promoción de xóvenes, ao tempo que permitíu estreitar os lazos entre o centro educativo e as familias.