María Reimóndez visita o IES de Monterroso

A escritora lucense María Reimóndez visitou o instituto de Monterroso, onde ofreceu unha distendida charla-coloquio para pais, nais e alumnado do club de lectura.
María Reimondez comentou en detalle unha das súas obras, O Club da Calceta. Tamén se referiu a outras coma Dende o Conflicto, a súa máis recente publicación. Falou do seu labor como cooperante internacional dende a organización galega  Implicadas no Desenvolvemento e tamén do seu traballo coma tradutora.
María engaiolou ó alumnado que se interesou en gran medida polo labor da escritora e o proceso de creación das obras literarias.

Maria Reimondez

Maria Reimondez