Bolsas de Educación Especial

Convocatoria de axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.
O prazo de presentación remata o 30 de setembro. Nos 5 días seguintes remitiranse as solicitudes a esta Xefatura Territorial (se se quere se poden enviar antes, ou facer varios envíos).
Este ano non se distribúen impresos de solicitude. O formulario debe ser cuberto mediante o formulario accesible por internet na dirección www.mecd.gob.es ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte na dirección https://sede.educacion.gob.es no apartado correspondente a “Trámites y Servicios”.


É IMPORTANTE QUE A SOLICITUDE ESTEA BEN CUBERTA, sobre todo (apartados da solicitude en formato “pdf”):
- No apartado F da páxina 1. Axudas solicitadas – A encher polo centro educativo.
- Páxina 5 y 6. Certificacións.
- Sinatura dos membros computables da familia na páxina 2.
Todos aqueles alumnos que soliciten axudas para reeducación pedagóxica e de linguaxe ou axudas para o programa específico para alumnado con altas capacidades deben presentar informes do orientador/a do centro indicando:

  1. As necesidades que presenta o alumno ou alumna.
  2. Necesidade de asistir a programas de apoio. É preciso incluír a insuficiencia ou inexistencia de atención pedagóxica no centro escolarizado e a causa desta (falta de profesional axeitado, falta de tempo para tratar os alumnos...)