Teatro en inglés

O luns 21 de febreiro, alumnado de 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO asistirá ao "Teatro en inglés" no Colexio San Xosé de Lugo no que presenciarán a obra "Lost in England", acompañados polos profesores de inglés Mar Villar, Eva Mesejo e Xosé Manuel Rubianes, ademais da profesora de Matemáticas, membro da Sección Bilingüe do centro, Luz Valín.