Skip to Content

CURSO 2022/23

SEGUNDO ENCONTRO DO GRUPO MUSICAL DO INSTITUTO NA ESCOLA INFANTIL DOS ROSALES NO PROXECTO DE AFACO "UN VIAJE EN EL TIEMPO".

 O grupo instrumental do Instituto "Dijo Cuatro", en colaboración con Afaco e coa Escola Infantil dos Rosales, actuou o martes 14 de febreiro na Escola Infantil dos Rosales dentro da segunda parte do Proxecto “Un viaje en el tiempo”. No proxecto o grupo instrumental do noso Instituto, dirixido polo profesor do Departamento de Música, Juan José Dios Cañada, coordinador do programa de Edu Excelencia do noso centro (Grupo de Música "Dijo Cuatro"e Grupo de Teatro "Telón de Aquiles", en colaboración co profesor de Lingua e Literatura Española, Rafael Alonso Pica), interpretou diferentes pezas musicais vinculadas coas lembranzas das persoas usuarias de Afaco que estiveron no segundo encontro dos avós e  avoas de Afaco e os  neniños e neniñas da Escola Infantil dos Rosales. 

Como se recolle literalmente na reportaxe do xornal "El IDEAL GALLEGO" explicando esta extraordinaria experiencia interxeneracional realizado polo xornalista Omar Bello "Una hora de recreo apta para todas las generaciones". 

 

Xogos, música e caras de felicidade. A escola infantil dos Rosales era unha auténtica festa hoxe a media mañá, grazas á visita dos usuarios de Afaco. Tratábase dun encontro destas persoas de idade avanzada con nenos de idades comprendidas entre un e dous anos, para compartir un intre xuntos. “É un proxecto interxeracional que nace por mor dunha idea de Afaco e da escola. Levamos facendo este tipo de iniciativas moitos anos. As persoas que veñen sofren alzheimer ou padecen outro tipo de demencia, e aquí volven sentirse protagonistas”, explica Mónica Pulleiro, profesora da escola e coordinadora do proxecto.

 

 

“O que facemos nesta ocasión é recrear é unha viaxe no tempo no que poidan participar todos. Por exemplo, hoxe estamos en Grecia, na época das Olimpíadas, por iso hai tantos xogos e deportes distintos adaptados para eles”, explica. “A nivel social ten moitos beneficios para os maiores. É xente que en moitos casos está moi soa e ademais, como son maiores, téndese a estar moi encima deles, mesmo a infantilizarlos. Aquí, eles vólvense a sentir protagonistas. Son eles os que están pendentes dos nenos e cóidanlles, ou polo menos, senten que teñen esa responsabilidade. Está claro que no fondo non é así, porque nós estamos atentos en todo momento, pero senten que teñen o control da situación. Eles pensan que o neno está baixo coidado e fanse responsables de eles”, engade.E se para as persoas maiores é unha experiencia útil, tamén o é para os nenos. “Aos nenos, vénlles moi ben esta experiencia, porque así se relacionan con adultos e xente maior que non é da súa familia. É importante para que aprendan a socializar. Aquí están con persoas que non son do seu círculo, e esta interactuación é algo fundamental para o seu desenvolvemento”, detalla Pulleiro.

 

 

Ademais, tamén participan na experiencia alumnos do instituto Monte dás Moas. Son estudantes que crearon un grupo musical chamado ‘Dixo 4’, e que tocaban os seus instrumentos para crear un ambiente aínda máis festivo. “Os mozos veñen encantados, porque é unha actividade cun fin social. E así tocan para alguén”, explica Juan Dios, o seu profesor de música. O espectáculo era gravado e inmortalizado por alumnos do ciclo de Imaxe e Son en Someso, polo que a experiencia tamén supuxo para eles a oportunidade de facer os seus primeiros traballos.

SAÍDA Á REPRESENTACIÓN DE "JOVEN HAMLET" DO ALUMNADO DE LITERATURA UNIVERSAL DE 1º DE BACHARELATO.

O alumnado de Literatura Universal de 1º de Bacharelato acudiu o martes 13 de febreiro ao Fórum da Coruña á representación da obra de teatro "Joven Hamlet".

A partir dunha idea de Chris Connaughton & Paul Harman, baseada na obra de William Shakespeare

En Joven Hamlet un detective investiga o “caso Hamlet”: os asasinatos ocorridos no castelo de Elsinore. Para desenvolver a sua investigacion metese na pel de todos os protagonistas. Convertese en Hamlet, a sua nai, a pantasma do seu pai, o seu tio Claudio, Ofelia, Laertes, o sepultureiro... utilizando as palabras e os versos de Shakespeare.

Sobre o escenario, obxectos, probas necesarias para a investigacion: un trono, unha coroa, un vestido de noiva, un espello, letras e flores secas, unha espada de ffo envelenado e unha caveira... Un pianista de jazz acompana o detective durante o decurso da obra, acentuando a accion, transportando libremente a musica do seculo XVII ao jazz.

ACTIVIDADE "XOGOS ROMANOS".

En varios martes, ao longo do mes de febreiro, tivo lugar a actividade, desenvolvida pola asociación Gallaechia Viva e organizada polo Departamento de Xeografía e Historia (coa colaboración do Departamento de Latín), na que participou o noso antigo compañeiro Adrián Rodríguez, sobre xogos romanos.

A actividade estivo dirixida ao alumnado de 1º de ESO e de Cultura Clásica de 3º e 4º de ESO.

CONCURSO E EXPOSICIÓN DE TARXETAS DE SAINT VALENTIN.

 

Para celebrar o 14 de febreiro, día de San Valentín, o alumnado de 1° ESO exento de Francés, decoraron tarxetas e redactaron textos de amor e amizade para os compañeiros e as familias,  en galego e castelán. Todos eles participan no concurso de "Tarxetas Saint Valentin", onde se valorou o esforzo, o contido dos textos e as decoracións.

Tamén o alumnado de 4º de ESO de Francés deseñou tarxetas e escribiu textos de amor e amizade preciosos  para os seus amigos e compañeiros, para celebrar "La  Saint Valentin".

Todas estas tarxetas estiveron expostas nas aulas da ESO e no Espazo Expositivo do noso centro.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CHARLAS DE ENFERMERÍA PARA 3º DE ESO E 1º DE BACHARELATO.

O xoves 9 de febreiro o alumnado de 1° de Bacharelato de Anatomía Aplicada e de 3°ESO de Bioloxía e Xeoloxía asistiron a un obradoiro sobre o "Sistema de saúde e estilos de vida saudables", impartido por enfermeiros e enfermeiras especialistas en Enfermeria Comunitaria. No obradoiro aprenderon a usar a app do Sergas, practicaron como responder a distintas situacións de saúde e repasaron os principais hábitos de vida saudables.

 

 

 

 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE TECNOLOXÍA DE 1º DE ESO: "OS MALETÍNS DA INNOVACIÓN".

A rapazada de 1° ESO, pertencente aos grupos A e C, descubriu moitos inventos e inventores na visita ó Muncyt da Coruña que fixo antes das vacacións de nadal; e disto dan conta os abraiantes traballos que estiveron expostos na semana do 6 o 10 de febreiro na entrada do instituto. Baixo o nome "Os maletíns da innovación", esta mostra reflectiu o fabuloso traballo de investigación levado a cabo polo alumnado destes grupos en relación a inventoras e inventores españois relevantes ó longo da historia. Para iso, recrearon os maletíns destas figuras, recollendo neles os datos máis importantes das súas vidas, describindo como eran os aparellos que fabricaron, explicando o seu funcionamento e destacando as melloras e o impacto que supuxeron ditos inventos para a sociedade e a tecnoloxía.

Aquí tedes unhas fotografías da exposición; tamén podedes ver un video elaborado polo Equipo da Biblioteca e o EDLG.

 

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS DE 3º DE ESO SOBRE O APARELLO LOCOMOTOR.

Neste segundo trimestre do curso tivo lugar no Espazo Expositivo do noso centro unha orixinal exposición, aproveitando prendas de roupa como soporte da mesma, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, con traballos realizados polo alumnado de 3º de ESO sobre o aparello locomotor do ser humano.

 

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ: 30 DE XANEIRO.

O Día Escolar da Non Violencia e a Paz celébrase cada 30 de xaneiro porque nese día, de 1948, foi asasinado Mahatma Gandhi, líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza, e que foi asasinado, precisamente, por defender estas ideas.

Co gallo da conmemoración deste día desenvolvéronse distintas iniciativas desde o noso centro.

Nas titorías os diferentes grupos de alumnado de Moas decoraron pombas con mensaxes de Paz que penduraron do teito do vestíbulo para conmemorar o Día da Paz.

 

O Equipo da Biblioteca e o EDLG promoveron un concurso e unha exposición con ilustracións da Paz que realizou o alumnado da ESO e do Bacharelato para conmemorar con estes deseños o Día da Paz 2023.

 

 As persoas gañadoras dos premios ás mellores ilustracións da Paz foron:

 Lola Torreiro Saenz e Rebeca Seco Rivas de 1º ESO.

 Noa Varela Guzmán e Candela Barreiro Blanco de 3º ESO.

 Alma Qing Ramas Corrales e Alberte Díaz Kirk de 1º de Bacharelato.

 

Aquí tedes dous videos elaborados polo EDLG e o Equipo da Biblioteca con respecto á conmemoración do Día da Paz.

 

 

"ATELIER GASTRONOMIQUE" PARA O ALUMNADO DE FRANCÉS DE 4º DE ESO.

 

Con motivo de "La Chandeleur", o día 2 de febreiro, o Departamento de Francés organizou un "Atelier gastronomique" co alumnado de Francés de 4° da ESO para degustar as crepes e celebrar esta data tan típica en Francia.

 

 

ACTIVIDADE "VEÑEN OS ROMANOS".

O martes 31 de xaneiro e o mércores 1 de febreiro tivo lugar no Salón de Actos do noso instituto a actividade "Veñen os romanos" desenvolvida pola asociación de recreación histórica "Recreadores de Galicia". Na actividade, organizada polo Departamento de Xeografía e Historia, coa colaboraión do Departamento de Latín, impartíronse charlas de carácter teórico e práctico sobre o Exército romano. Nas charlas participou o alumnado de  1º de ESO e de Cultura Clásica de 3º e 4º de ESO.

Aquí tedes unha selección de imaxes:

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut