Skip to Content

CURSO 2022/23

VISITA AO NOSO INSTITUTO E CHARLA DE PROFESORADO MOZAMBIQUEÑO PARA O ALUMNADO DE LINGUA PORTUGUESA DE 2º DE ESO.

Hoxe, 19 de xaneiro, visitaron o noso instituto, e deron unha charla, dous profesores mozambiqueños, para o alumnado de Lingua Portuguesa de 2º de ESO. Estes profesores da Escola de xesuítas de Mozambique, relacionada co Colexio Santa María do Mar da Couña (vinculado aos xesuítas), Simiao Francisco e Amilton Bito, falaron cos alumnos de 2º de ESO de Lingua Protuguesa para contarlles como é a súa escola en Mozambique, que proxectos teñen en relación co colexio coruñés anteriormente mencionado, como é a educación en Mozambique e sobre diferentes aspectos da cultura mozambiqueña.

 Aquí tedes un video elaborado pola profesora de Lingua Portuguesa Ana Isabel Martínez Fernández que resume a experiencia.

 

 

SAÍDA Á PLANTA DE REGANOSA EN MUGARDOS DO ALUMNADO DE FÍSICA E QUÍMICA DE 1º DE BACHARELATO.

O venres 20 de xaneiro tivo lugar unha saída didáctica ás instalacións da planta regasificadora de Reganosa en Mugardos, organizada polo Departamento de Física e Química, para o alumnado de Física e Química de 1º de Bacharelato.

 

CHARLA SOBRE TRANSPLANTES PARA O ALUMNADO DE CULTURA CIENTÍFICA DE 4º DE ESO.

O venres 20 de xaneiro tivo lugar no Salón de Actos do noso centro unha charla sobre transplantes, organizada polo Departamento de Bioloxía e Xeoloxía, para o alumnado de Cultura Científica de 4º de ESO.

SAÍDAS AO ARQUIVO DO REINO DE GALICIA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO.

O alumnado de 3º de ESO realizou sendas visitas, organizadas polo Departamento de Xeografía e Historia, ao Arquivo do Reino de Galicia  e ao Xardín de San Carlos na cidade vella da Coruña, os días 17 e 24 de xaneiro respectivamente. Na visita puideron coñecer as instalacións do arquivo, o labor de salvagarda dos documentos que se leva a cabo alí e os diferentes tipos de documentos que podemos atopar nesta institución. 

 

VISITA Á FÁBRICA DE RESONAC (ANTERIORMENTE SHOWA DENKO) DO ALUMNADO DE FÍSICA DE 2º DE BACHARELATO.

O día 25 de xaneiro tivo lugar a visita do alumnado de Física de 2º de Bacharelato, organizada polo Departamento de Física e Química, ás instalacións da fábrica de Resonac (anteriormente Showa Denko) especializada na fabricación de electrodos de grafito na Coruña.

VISITA AO PORTO DA CORUÑA DO ALUMNADO DE 3º DE ESO.

Os días 20 e 21 de decembro, o alumnado de 3º de ESO realizou sendas visitas ao porto da Coruña. A saída foi organizada polo Departamento de Xeogafía e Historia e o alumnado visitou diferentes infraestruturas portuarias.

SAÍDA DO ALUMNADO DE TIC DE 1º DE BACHARELATO Á EXPOSICIÓN "AI: MORE THAN HUMAN".

O alumnado de TIC I de 1º de Bacharelato acudiu á Fundación Abanca da Coruña a unha visita, organizada polo Departamento de Tecnoloxía, á exposición "AI: MORE THAN HUMAN" sobre a evolución e progreso da Intelixencia Artificial no mundo actual.

 

SAÍDA DO ALUMNADO DE HISTORIA DA MÚSICA E A DANZA DE 2º DE BACHARELATO A UN ENSAIO DA OSG.

O alumnado de Historia da Música e a Danza de 2º de Bacharelato realizou unha saída didáctica ao Pazo da Ópera da Coruña, organizada polo Departamento de Música, o día 16 de decembro, para acudir a un ensaio da OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia) da Sinfonía nº3 en do menor, op.78 "Órgano" de Camille Saint-Saëns.

CHARLAS DO PROGRAMA "A PONTE" DA USC (UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA) PARA O ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO.

Ao longo dpo primeiro e segundo trimestres do curso tiveron lugar no Salón de Actos ou nas aulas do noso instituto ddiferentes charlas formativas e informativas do programa "A Ponte" da USC para o alumnado de 2º de Bacharelato e, nalgúns casos, tamén para alumnado de 1º de Bacharelato. 

AS charlas foron as seguintes: "TALLER E CHARLA D3MOBILE: ESCANEADO 3D DE OBXECTOS REAIS CO MÓBIL/TÁBLET DOS ESCOLARES" con Juan Pedro Ortiz Sanz de ponente; "Enxeñaría civil máis aló da construción" con Carlos Núñez Temes de ponente; "Planifica o teu futuro. Como algunhas ferramentas da planificación estratéxica nos poden axudar na toma de decisións persoais" con Andrés Cernadas Ramos de ponente; "Economía azul para o futuro das zonas costeiras" con María de los Ángeles Piñeiro Antelo e María José Piñeira Mantiñán como ponentes; e "Dixitalización do agro galego" con Javier José Cancela Barrio como ponente.

CHARLA SOBRE AS FORZAS ARMADAS.

O mércores 21 de decembro tivo lugar no Salón de actos do noso instituto unha charla, organizada polo Departamento de Orientación, para alumnado de 3º e 4º de ESO, e 1º e 2º de Bacharelato interesado en coñecer as posibilidades de formación académica e laboral que ofrecen as forzas armadas do Ministerio de Defensa de España.

Distribuir contido


by Dr. Radut