Skip to Content

CURSO 2022/23

EXPOSICIÓN EN CONMEMORACIÓN DO DÍAS DAS ESCRITORAS: 17 DE OUTUBRO DE 2022.

EXPOSICIÓN EN CONMEMORACIÓN DO DÍAS DAS ESCRITORAS: 17 DE OUTUBRO DE 2022.

 

Na segunda quincena do mes de outubro de 2022 tivo lugar nos Espazos Expositivos do hall do noso centro unha exposición conmemorativa do Día das Escritoras, 7 de outubro de 2022, organizada polo Equipo da Biblioteca, o EDLG,  e os Departamentos de Lingua Galega e Literatura, e Lingua Española e Literatura, con traballos do alumnado e cartaces informativos sobre escritoras galegas.

CHARLA DA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ NO SALÓN DE ACTOS PARA O ALUMNADO DE 1º E 2º DE BACHARELATO.

CHARLA DA ESCRITORA ANTÍA YÁÑEZ NO

SALÓN DE ACTOS PARA O ALUMNADO DE 1º E

2º DE BACHARELATO.

 

O venres 28 de outubro de 2022 tivo lugar no Salón de Actos do IES Monte das Moas a charla da escritora Antía Yáñez para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. A charla foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e contou coa axuda económica do Ministerio de Cultura e Deporte, que sufragou a actividade debtro do programa "Encontros Literarios" da Dirección Xeral do Libro e Fomento da Lectura.

A autora ofreceu unha harla sobre a súa actividade narrativa para o alumnado de1º e 2º de Bacharelato. Puideron coñecer de viva voz algo máis das súas intencións de escribir e sobre as súas novelas máis destacadas: Senlleiras, ambientada na cidade da Coruña, e  a súa última obra, Non penses nunelefante rosa, obras de lectura nalgúns dos cursos de 4º de ESO e do Bacharelato do noso centro. Amablemente a autora adicou algún dos exemplares das súas obras ao noso centro.

 

 

SAÍDA A CELANOVA, VILANOVA DOS INFANTES E OURENSE DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO.

SAÍDA A CELANOVA, VILANOVA DOS INFANTES

E OURENSE DO ALUMNADO DE 2º DE

BACHARELATO.

 

O martes 4 de outubro de 2022, ao longo de toda a xornada escolar, tivo lugar a saída do alumnado de 2º de Bacharelato, organizada polo Departamento de Lingua Galega e Literatura, e polo EDLG, ás localidades de Celanova, Vilanova dos Infantes e Ourense, onde visitaron o Mosteiro de San Rosendo de Celanova, o Oratorio de San Miguel de Celanova, a Casa dos Poetas en Celanova, a Torre de Vilanova dos Infantes e as termas de Outariz en Ourense.

SAÍDA A PONTECESO E CABANA DE BERGANTIÑOS DE 1º DE ESO.

SAÍDA A PONTECESO E CABANA DE

BERGANTIÑOS DE 1º DE ESO, VISITANDO O

DOLMEN DE DOMBATE, O CASTRO DE

BORNEIRO E A PRAIA DE BALARÉS.

O martes 11 de outubro de 2022, durante toda a xornada, tivo lugar, organizada polos Departamentos de Xeografía e Historia, e Lingua Galega e Literatura, a saída do alumnado de 1º de ESO para visitar, en Cabana de Bergantiños e Ponteceso, os lugares arqueolóxicos do noso patrimonio histórico-artístico do Dolmen de Dombate e o Castro de Borneiro, ademais da fermosa praia de Balarés, onde o alumnado desenvolveu diferentes xogos populares.

Distribuir contido


by Dr. Radut