Skip to Content

Lingua galega

LINGUA GALEGA E LITERATURA

 

 

 

 

 

 

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS DO DEPARTAMENTO. CURSO 2023/2024

Poden consultarse as programacións didácticas do Dpto de Lingua Galega e Literatura nos distintos arquivos adxuntos 

 

Programación 2º, 4º ESO e 2º Bacharelato Curso 22_23

Aquí abaixo pódese consultar a programación didáctica do Dpto de Lingua Galega  do curso 2022-23

2º ESO

Lecturas 2019

 

Cartas de inverno, Agustín Fernández Paz

Clica no título para VER de que vai....

 

 

un bosque cheo de faias-francisco castro-9788440311276

 

Un bosque cheo de faias recrea o mundo da violencia neonazi. Un grupo ultra e racista comeza a dar sinais de vida na cidade. Mais axiña ha centrar a súa carraxe criminal en Nelson, un rapaz inmigrante de quince anos que só desexa ter unha vida normal. Os seus amigos han loitar por lle poñer fin ao abuso e así rematar coa persecución e coa intolerancia que pesa sobre el. Unha historia de amizade, de loita, de intriga e de equívocos fatais.

 

 

A banda sen futuro, Marilar Alexandre

Clica no enlace e poderás informarte acerca do título da obra; quen foi Poch?

 

Para ver e  escoitar unha estrevista a Poch clica aquí

CULTURA, museos, fundacións...

 
                                                        
 
   
 
 

 

 

 
 

 

 

 

                                            Coñece a túa tradición.

 

 

 

 

   

 
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   

dicionarios, tradutores, páxinas de interese

                   
   
 
   
 
  •       Decretos: 1995, o galego no ensino
 
   
 
 
   
   
  •  Pequenovocabulario  galego-inglés-castelán

 

 
 
   
 
   
   
   
   

3º ESO

 

 

Modelo de comentario para entregar o traballo da lectura da 3ª avaliación.

Hai que traballar todos os apartados.

Presentar un traballo escrito a man, en folios, con marxes, boa caligrafía e ortografía

e a análise dos seguintes apartados:

 

COMENTARIO LITERARIO. NARRATIVA

Tipo de obra, breve reseña do/a autor/a

Argumento.    Ler con atención, tomar notas dos contidos máis significativos de

cada capítulo ou parte. Ordenar e redactar o resumo, seleccionar

o máis importante. NON  COPIAR.

Tema central/temas secundarios/ síntese.   Seleccionar o significado esencial

da historia de forma clara e concisa. Indicar que outros temas aparecen. Xustificar

con notas da obra.

Estrutura. Externa, indicar se se divide en partes, capítulos, secuencias.

Interna. Sinalar,  nunha síntese,  que  capítulos ou páxinas abarca  cada parte:

introdución, desarrollo, desenlace.

Narrador/es.  Sinalar quen narra, está presente na historia? Quen é? Como é?  

( 1ª, 2ª, 3ª persoa, narrador interno ou non, individual, protagonista, testemuña)

Narrador externo (3ª persoa). Se é un personaxe hai que  analizalo. Como narra?

É obxectivo ou subxectivo?      

 SEMPRE HAI QUE XUSTIFICAR CON EXEMPLOS DA OBRA.   O Narratario é quen

recibe a información. A quen vai dirixida a obra? 

Personaxes .  Principais e secundarios.  

Analizar os principais, contar como son, como se presentan, NON CONTAR

ARGUMENTO están ben definidos  polos datos que aporta o narrador. Descrición:

física, moral,…

Tempo.  Indicar época  en que transcorren os feitos narrados. Aporta datos que

atopes na obra que confirmen os feitos.O tempo interno (no que se desenvolve a

acción) pode ser cronolóxico, transcorre todo seguido. Ou descontinuo, con  retroce-

sos  (retrospección, analepse) ou  avances  no tempo (prospección ou prolepse).

Tamén pode ser anacrónico.

 

Espazo.

 Indica en que lugar transcorren os feitos, son lugares reais ou imaxinarios?

Predominan interiores ou exteriores?  Determina se é espazo rural, urbano,

marítimo, aéreo. Indica se hai referencias importantes, se hai descricións moi

elaboradas, e inclúe citas que xustifiquen a túa análise.

 

Opinión crítica xustificada.

 

 

 

 



   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
   
 

 

   

 

 

 

 

 

 NADAL 2017


 

GUIÓNS TRABALLOS LIBROS VOLUNTARIOS

Cantares Gallegos:

Deberase entregar un traballo escrito a man en folios con portada, datos persoais, boa redacción e caligrafía.

O contido deberá demostrar que se ten lida a obra e entendida, sen copiar de resumos ou traballos xa elaborados.

Deberase respostar en tres folios mínimo, xustificando as respostas con citas da obra.

1.- Un folio para explicar vida e obra da autora.

2.- Comentario de cada poema, breve, indicando de que trata e cal é o tema.

3.- Opinión persoal xustificada.

Suxerencias:

-Pódense agrupar por temas e tratar varios xuntos.

-Para citar os poemas pódese facer por números (en total son 36) ou polo 1º verso, ex: o poema 1: "Has de cantar" (ollo, algúns teñen varias partes...)

 

 

 

 

 

 

OS LOBOS DE MOECHE

Antes de ler:

Fíxate ben na portada, contraportada, lapelas e di quen é o autor e de onde é. De que ano é a obra e a que colección pertence.

Vai lendo e completando os apartados seguintes:

·         Localiza Moeche nun mapa de Galiza.

·         Completa os ocos do seguinte resumo (escribe coa túa letra de novo)

Esta obra histórica conta sucesos que ocorreron en Galiza no ano ....................., os protagonistas históricos nomeados son O Conde de Lemos que era...............................................e varios Andrade, o pai Señor de Pontedeume, alcumado "O BOO" era......................................................,  tamén aparece "O Mozo".................................................. e o fillo deste que é ...............................................

 Personaxes de ficción son dous irmáns; o narrador ...................

e mais.....................que marcha a ................................. ... para...................................................................................................................................................................................................................................................................,

e un avó que vive en .....................

Nesta época os reis eran.......................... e os cabaleiros adicabanse a.......................

O protagonista vive con....................................  adícase a..............................................

Pero algo pasa coa nai........................................................................................................ e o irmán volta. Daquela cambia de vida e vai a .........................................................

Que era A Santa Irmandade?

Resume o periodo de loitas.

En 1467 triunfa o bando de ................... asaltan e conquistan................, prenden a Diego de Andrade, pero.....................

Que fai mentras o Conde de Lemos?.............................

Como é o desenlace, Os irmáns van fuxir pero.....................


Despois de ler:

·         Volve a fixarte na portada e na contraportada, que animais hai? De que son metáforas?

·         E durante a historia, que animais aparecen?

·         Fíxate nas viñetas, busca brasóns (escudos nobiliarios en pedra) e estandartes (bandeiras de guerra), que representan?

·         Que armas se utilizan?

·         Hai dous tipos de letra, de cores e formas diferentes, podes explicar a que se debe?

·         Finalmente explica agora a portada e a contraportada.



 

 

Irmán do vento

 

Esta obra está estruturada en tres partes ben diferenciadas. A primeira chega ata a páxina 23 e é unha especie de prólogo onde alguén nos conta algo. Transcorre nunca época determinada, aparece claramente a data, o ano e o mes; está localizada en Iraq. 

1.- Escribe un texto ben ordenado explicando  quen é o profesor con todos os datos que poidas aportar e  que é o  que nos conta.

2.- Indica a época en que ocorren os feitos.  

 A segunda parte  é a historia propiamente dita, está narrada de forma diferente,un rapaz  escribe a outro; cóntalle diversos episodios que  en resumo son a súa vida de aventuras. O espazo é Iraq, pero o protagonista  realiza unha viaxe que dura un tempo determinado. Hai aventuras e personaxes diferentes... 

3.-  Conta de xeito claro e ordenado quen é Kaleb,  quen e como é a súa familia.

4.-  A quen lle escribe cartas o neno árabe?

5.- Conta algún suceso que lle ocorrera na súa viaxe a Bagdad.  

A terceira parte é o epílogo,  xa acabou a historia do mozo protagonista e agora o profesor remata contándonos as súas impresións.

6.- Identifica os narradores da obra e explica con detalle cada un deles.

7.- Explica o tempo que duran os feitos.

8.- Da a túa opinión xustificada sobre a obra.

9.- A novela  ten varios temas, sinala polo menos tres e xustifica a túa escolla.     

 

 Le a obra con calma fixándote ben nas partes diferentes e contesta as preguntas que se fan. Escribe con claridade, sen faltas de ortografía e presenta ben o teu traballo. 

 

 

  • O pintor do sombreiro de malvas

       Marcos Calveiro

 
Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempa-da na vila de Auvers  
Durante aqueles días do verán de 1890, coñecerá a Vincent, un pintor que semella beberse a vida con cada violenta pincelada sobre o lenzo e do que durante sesenta e nove días se fará inseparable, acompañándoo no seu deambular polos trigais e na súa infatigable loita contra os convencionalismos da vida provinciana. Mais o mozo tamén descubriá o amor, coñecerá algúns misterios sobre o seu pasado e se enfrontará por vez primeira á morte, o que o obrigará a tomar unha decisión sobre o futuro que lle agarda.


Marcos Calveiro (1968), neto de feirantes taberneiros, vive en Vigo, onde desenvol-ve a súa actividade profesional como avogado. Deuse a coñecer como narrador coas novelas xuvenís Sari soñador de mares (2006) e Rinocerontes e quimeras (2007), a primeira traducida ao catalán e a segunda ao castelán e ambas as dúas moi ben valo-radas pola crítica. En 2007 recibiu o XVIIIº Premio Ala Delta de Literatura Infantil por O carteiro de Bagdad, novela editada en galego e castelán, que logo recibiría o Premio White Ravens en 2008. Máis recentemente, mereceu o Premio Barco de Vapor de Literatura Infantil 2008 por O canto dos peixes (2008) e o Premio Lazarillo de Literatu-ra Xuvenil 2009 pola novela O pintor do sombreiro de malvas (Xerais 2010). En Xerais Narrativa leva publicadas dúas novelas: Festina lente (2008) Premio da Crítica 2008 (narrativa) e Premio Irmandade do Libro ao Mellor Libro Galego do Ano 2009 e Settec-cento (2010). Como poeta publicou Cartas do terceiro día (2007), VIIº Premio de Poesía Concello de Carral.


  • COUSAS,  Castelao, Daniel

 

 

Neste enderezo podes ler as Cousas do autor rianxeiro. clica aquí.

 

 

Pódense ler obras voluntariamente, poden subir nota.

 

Na terceira avaliación escóllese obra de lectura dunha proposta aberta:

 

  • CHAMÁBASE LUIS, Mayoral, Marina

  

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut