Skip to Content

CURSO 2020/2021

Catalogación de Plantas

Elaboración dun pequeno catálogo de Plantas realizado na materia de Ciencias Naturais de 1º de ESO.

 

Reportaxe fotográfica

I Recreación GALLAECIA VIVA

O alumnado de 1º de ESO asistiu a un seminario sobre as mulleres e a sociedade na Roma clásica que correu a cargo da asociación de recreación histórica Gallaecia Viva.

PEQUENA REPORTAXE FOTOGRÁFICA

Representación da obra "VOAXA E CARMÍN

Para visionar a peza teatral entrade dende esta ligazón

Pequena reportaxe fotográfica AQUÍ

Estrea da obra teatral VOAXA E CARMÍN

O grupo de teatro do IES Monte das Moas presenta a obra "Voaxa e Carmín" de Esther F. Carrodeguas no salón de actos o  venres 4 de xuño ás 11:30.

 

 

Edición de vídeos

O alumnado de TIC de 2º de Bacharelato terá un obradoiro en varias sesións  sobre edición de vídeos a mans da  comunicadora Belén Puime Bao.

A actividade está organizada polo Departamento de tecnoloxía.

TOPONIMIA DA CORUÑA: Charla de Iván Méndez López.

O pasado martes 6, o alumnado de 1º de BAC A e B tiveron a oportunidade de asistir a unha interesante charla sobre toponinia da cidade da Coruña e do bariio do Castrillón impartida polo profesor e investigador Iván Méndez.

A charla foi organizada polo departamento de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do centro.

Máis fotos

 

DÍA DA MULLER: Coruñesas ilustres

Exposición-homenaxe a mulleres ilustres da provincia da Coruña que representan ou representaron diversos sectores da nosa sociedade.

Pódese seguir online a través dos diferentes códigos QR dos cartaces expostos no instituto ou ben seguindo este código QR que nos leva a todo os traballos realizados por mulleres da comunidade educativa do noso centro.

Visita virtual didáctica. “As Miradas de Isaac”

Videoconferencia co Museo Gaiás para realizar unha visita didáctica á exposición sobre Isaac Díaz Pardo co título "As miradas de Isaac"

A actividade se realizará en 4º de ESO A durante a materia de galego.

 

Día de Rosalía

Lectura de poemas de Rosalía en diversas linguas e entre diversas xeracións para conmemorar o día da nosa poeta máis universal.

Clica na imaxe para ver os vídeos.

Gañador Concurso virtual de Entroido

Presentamos a fotografía premiada no concurso, unha recreación da famosa pintura de Magritte "O Fillo do Home" realizada polo alumno de 1º C de ESO David Hernando Alvariñas.

  

Distribuir contido


by Dr. Radut