O venres 16 de xuño tivo lugar no Teatro Colón da Coruña a cerimonia de entrega de premios do XXIV Certame de Teatro Escolar e Afeccionado organizado pola Deputación da Coruña.
Na cerimonia a obra presentada ao certame, "Dos ñaques para un piojo", polo grupo de teatro do IES Monte das Moas, Telón de Aquiles, e polo grupo instrumental do noso instituto, Dijo 4, foi premiada co terceiro premio á mellor obra na categoría cadete.
Os éxitos na gala continuaron coas nominacións de mellor actuación (actor/actriz) protagonista na categoría cadete dos nosos alumnos, Antonio Canosa Muñoz, Álex Atán Salanova e Renata Pía Rial. Finalmente o noso alumno Antonio Canosa Muñoz foi premiado como mellor actor protagonista en categoría cadete.
Estes premios recalcan o extraordinario traballo de todo o alumnado que conforma estes grupos de EDUEXCELENCIA do IES Monte das Moas e dos seus magníficos directores e coordinadores, Rafael Alonso Pica e Juan José Dios Cañada.
PARABÉNS A TODA A RAPAZADA DE TELÓN DE AQUILES E DIJO 4 (ACTORES, MÚSICOS, TÉCNICOS), PARABÉNS A ANTONIO, ÁLEX E RENATA E PARABÉNS A RAFA E JUAN POLA SÚA EXCELENCIA!!!!!!!
SODES UN ORGULLO E UNHA HONRA PARA O IES MONTE DAS MOAS!!!!