Skip to Content

Novas

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023.

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

PUBLICACIÓN DA "GUÍA TI ELIXES!" das XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional organizadas polo Concello da Coruña.

Con motivo da realización das XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional organizadas polo Concello da Coruña, desde os Espazos de Información Xuvenil publicamos a edición 2023 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade informar sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos, incluíndo ademáis un directorio de fontes de información sobre educación e emprego e un repertorio de bolsas e axudas convocadas nos últimos dous anos por entidades públicas e privadas.
 
Enviámosvos o enlace onde podedes descargala por se fora do voso interese: https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/suceso/guia-ti-elixes-2023/suceso/1453760962398

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO NO CURSO 2022-2023.

O día 3 de abril, publicouse no DOG a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

No seguinte enlace tedes a información da convocatoria das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023.

Distribuir contido


by Dr. Radut