Skip to Content

Taboleiro

A Xunta convoca 648 prazas de estadías lingüísticas de verán no estranxeiro para o alumnado de Bacharelato

Achegamos enlace para informar ao alumnado de Bacharelato da convocatoria de estadías  no estranxeiro para aprendizaxe de idiomas.

Prazo ata 12 de marzo. 

O enlace é o seguinte:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/42370

 

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023.

O pasado venres, 14 de abril, publicouse no DOG a Orde do 31 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311D).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 31 de maio de 2023 e rematará o día 30 de xuño de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311D.

PUBLICACIÓN DA "GUÍA TI ELIXES!" das XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional organizadas polo Concello da Coruña.

Con motivo da realización das XXIX Xornadas de Orientación Universitaria e Profesional organizadas polo Concello da Coruña, desde os Espazos de Información Xuvenil publicamos a edición 2023 da Guía Ti Elixes!, que ten como finalidade informar sobre a oferta de estudos universitarios, formación profesional e outros estudos, incluíndo ademáis un directorio de fontes de información sobre educación e emprego e un repertorio de bolsas e axudas convocadas nos últimos dous anos por entidades públicas e privadas.
 
Enviámosvos o enlace onde podedes descargala por se fora do voso interese: https://www.coruna.gal/informacionxuvenil/gl/suceso/guia-ti-elixes-2023/suceso/1453760962398

CONVOCATORIA DE PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO NO CURSO 2022-2023.

O día 3 de abril, publicouse no DOG a Orde do 20 de marzo de 2023 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2022-2023 (código de procedemento ED311A).

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2023 e rematará o día 25 de maio de 2023.

Pode acceder a máis información desta convocatoria na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), introducindo na caixa de busca o código de procedemento ED311A.

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras

No seguinte enlace tedes a información da convocatoria das axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023.

Actualización para a validación de materias para o alumnado de 1º Bacharelato que cursa ensinanzas profesionais de música e danza

Habilítase un novo prazo de solicitudes de validacións para o alumnado que cumpra os requisitos de táboas de validación que aparecen no anexo seguinte.

Anexo coas táboas de validación para o alumnado que cursa 1º de bacharelato

Bolsas Canadá 2023/2024

No seguinte enlace hai información sobre a solicitude de bolsas de estudos en Canadá para o vindeiro curso escolar e dirixidas ao alumnado que actualmente cursa 4º ESO. Están subvencionadas polo Concello da Coruña e o prazo de inscrición é do 9 ao 20 de xaneiro de 2023.

GRADUACIÓN DA PROMOCIÓN 2016-2022 DE 2º DE BACHARELATO.

ACTO DE CELEBRACIÓN DA GRADUACIÓN

DA PROMOCIÓN 2016-2022 DE 2º DE

BACHARELATO DO IES MONTE DAS MOAS.

 

 

O acto de celebración da Graduación da Promoción 2016-2022 do IES Monte das Moas tivo lugar o venres 20 de maio, ás 17:00 no Salón de Actos do noso Instituto, coa presenza do alumnado de 2º de Bacharelato da devandita promoción 2016-2022, as familias deste alumnado, o profesorado do alumnado de 2º de Bacharelato e outros profesores do noso centro.

O programa do acto foi o seguinte:

 

·        

PEZA MUSICAL INICIAL (“GAUDEAMUS IGITUR”*) CORRESPONDENTE COA ENTRADA DO ALUMNADO (por parellas).

·        

DISCURSO DO DIRECTOR (Mariano Rodríguez Berja).

·        

PEZA MUSICAL (“CITY OF STARS”*).

·        

DISCURSO DA REPRESENTANTE DO  PROFESORADO (Noemí Puga Vidal).

·        

DISCURSO ESPONTÁNEO DE DOUS PROFESORES ANÓNIMOS***  CON “MÁXICA”* PEZA MUSICAL DE ACOMPAÑAMENTO.

·        

DISCURSO DA REPRESENTANTE DE 2ºA (Sara Sanz Fonta).

·        

PEZA MUSICAL (“MI GRAN NOCHE”*).

·        

DISCURSO DAS REPRESENTANTES DE 2°B (Icía Díaz Kirk e Sara García Álvarez).

·        

PEZA MUSICAL “UNA NUBE” COMPOSTA E INTERPRETADA PARA A CERIMONIA POR Icía Díaz Kirk.

·        

VIDEO CONMEMORATIVO DO ALUMNADO DA PROMOCIÓN 2016-2022.

·        

ENTREGA DE ORLAS E IMPOSICIÓN DE BANDAS AO ALUMNADO POR PARTE DA TITORA DE 2ºA (Vega Arcos Martínez) E O TITOR DE 2ºB (Mariano Rodríguez Berja).

·        

PEZA MUSICAL (“MAMMA MIA”*).

·        

ACTUACIÓN DO GRUPO INVITADO: IRENE CERQUEIRO e OLALLA FERGA (“LOVE YOURSELF” de Justin Bieber e “GRENADE” de Bruno Mars).

·        

ÁGAPE NO PATIO DO INSTITUTO.

*PEZAS MUSICAIS INTERPRETADAS POLA BANDA DO INSTITUTO “DIJO CUATRO” COORDINADA E DIRIXIDA POR Juan Dios Cañada.

**PRESENTADORAS DO ACTO DE GRADUACIÓN: Eva Peña Porto (2º A) e Uxía Mosconi Lew (2ºB).

*** OS DOUS PROFESORES ANÓNIMOS FORON: Rafael Alonso Pica e Alberto Fachado Estévez.

 

O enlace para acceder ao video coas fotografías da orla e outras da Promoción 2016-2022 é o seguinte:

https://drive.google.com/file/d/1N6bU_cpFzp1cPkTs0RjGsoKJD4ixJcYG/view?usp=sharing

A continuación tedes unha escolma de fotografías do acto:

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut