DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Un ano máis, o IES Moncho Valcarce quere mostrar a súa solidariedade con todas as vítimas da violencia de xénero.
"Nin unha máis nin unha menos"
Ao longo da semana pasada realizáronse no Centro diversas actividades conmemorativas do 25N levadas a cabo polos Departamentos de Relixión, L. Castelá e o equipo da Biblioteca.
CURSO 2020-2021
Dámosvos a benvida e este curso 2020/2021
No seguinte enlace atoparedes toda a información necesaria sobre normas básicas, horario de atención, ás familias, de todo o profesorado, organigrama do Centro, composición dos distintos Departamentos, órganos colexiados,.....
Esperando que vos sexa de utilidade, quedamos á vosa disposición para o que precisedes.
Preme nesta imaxe
ALGUNHAS REFLEXIÓNS DO PROFESORADO SOBRE A INTEGRACIÓN
Achegamos estas reflexións, despois dunha reunión dos profesores/as dos Centros de As Pontes e á vista das instrucións que se están a dar pola Inspección para o traslado de profesorado e alumnado entre os centros CPI Monte Caxado, CEIP A Magdalena e IES Moncho Valcarce.
·
Cal será o número de alumnado por aula? A Administración está a obrigar a ter 30 en Secundaria e 25 en Primaria, sen ter en conta as necesidades educativas especiais.
·
En Primaria, como manter un grupo de 20 nun Centro e 12 no outro? A Administración obriga a que sexan equilibrados.
·
Será certo que non cambiarán de edificio? Que alumnado terá que moverse? Quen o decidirá? Farase sen contar coas familias?
·
A desaparición de Equipos Directivos non provocará un caos organizativo?. Unha mesma Dirección para instalacións “separadas 500 metros”? Si a ESO queda no Monte Caxado pero dependendo do IES Moncho Valcarce preocúpanos a situación illada que non consideramos positiva para unha boa educación dos alumno/as.
·
Cantas familias van a manter aos seus fillos e fillas nunha ESO que desaparece gradualmente? dita situación durará catro anos? non será un “agasallo envelenado” que fará bo o traslado inmediato?
·
Seguindo co alumnado con necesidades educativas especiais, haberá máis dun coidador/a? ou a coidadora existente terá que desprazarse dun lugar ao outro?
·
Como se organizarían os profesores/as se quedamos en Centros separados pero sen Dirección propia en cada centro? De quen é esa responsabilidade? Quen non lembra a experiencia, moi negativa e cargada de problemas organizativos, da “extensión” do alumnado de ESO do IES Moncho Valcarce no CEIP A Magdalena?
·
A Administración asegura o mantemento de todos os/as profesionais; entón, por que dende Inspección están a EStudar a supresión e redución do profesorado?
·
En canto aos especialistas (profesores de Música, Educación Física, etc) tamén será un “paseando de Centro a Centro”? é posible se os Centros teñen diferentes horarios?
·
Como desempeñará o seu traballo un só orientador con todo este novo alumnado? e de estar en diferentes instalacións “separadas 500 metros”?
·
Os horarios eran e son moi diferentes nos Centros de Primaria afectados; é posible coordinar un novo horario sen prexudicar ás familias?
·
As sesións, duración das clases, non coinciden entre os Centros, como axustar os espazos a usar por alumnos/as e profesores? e as actividades complementarias e extraescolares?
·
As seccións bilingües desaparecerán? A Administración dixo que mantería os programas que había e que se ampliarían onde non os tiñan (no caso das seccións bilingües, poñeríanas para os dous Centros), entón por que a Inspección fala e de suprimila?. Como fiarnos que van a respectar a continuación dos restantes programas (Plan Mellora Bibliotecas; Programa de Reforzo, Orientación e Apoio; Abalar, etc.)?
·
Se un dos centros é Plurilingüe , con un total de seis cursos nos que se imparte unha das materias en lingua inglesa. Respectarían esta condición?
·
Os proxectos educativos son diferentes e, polo tanto, tamén o son os libros -na ESO só coinciden 3 libros de texto nos catro cursos-, e hai material específico para o alumnado con necesidades especiais que é propio de ese alumnado; onde se porá? quen e como fará os cambios?
·
Que pasa co material dos Centros? Que ocorrerá co material do Laboratorio, taller de Tecnoloxía, libros da biblioteca, etc.?
·
Os libros de texto, segundo instrucións da Consellería, quedarán os do centro receptor. Como se vai organizar o fondo libros? Como conseguir os mesmos libros para o resto do alumnado se as editoriais lanzan outras edicións?
·
SERÁ MAIOR A OFERTA E A OPTATIVIDADE AO CONCENTRAR AO ALUMNADO? Os itinerarios posibles (Ciencias e Aplicadas) e as materias optativas sonsempre as mesmas. Seguirán a mandar as eleccións das maiorías, xa que non varían os mínimos de alumnado para impartir materias e, sobre de todo, non aumenta o profesorado, xa que só na Secundaria pretenden suprimir 8 de un total de 15.
· E, para rematar, uns datos das Pontes do Instituto Galego de Estatística, ao respecto do ano de implantación da actual rede de centros:
ANO |
POBOACIÓN |
MENORES DE 16 ANOS |
1.998 |
12.473 |
1.889 |
2.016 |
10.399 |
1.079 |
Variación |
- 2.074 (- 17%) |
- 810 (- 43%) |
Os profesores/as dos Centros solicitamos, fai tempo e por escrito, información e comunicación por parte da Administración; ninguén resposta, por escrito e con seguridade, a todas estas dúbidas.
Achegamos estas reflexións ás familias para telas en conta ante posibles consecuencias negativas para todos/as.
Información Carta Erasmus
A Comisión Europea concedeu a este centro a Erasmus Charter for Higher Education (ECHE) para todo o período de implantación do novo programa ERASMUS +, 2014-2020. A continuación damos publicidade á Declaración de Política Erasmus que establece os principios desta institución sobre as actividades de mobilidade nas que participe e que se acollan ao programa ERASMUS+; así como as pautas organizativas que seguirán as mesmas.
DECLARACIÓN DE POLÍTICA ERASMUS
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27