Orientación

VÍDEO DE AXUDA PARA CREAR A PREINSCRIPCIÓN E MATRÍCULA NAS UNIVERSIDADES GALEGAS

Se precisas axuda para crear a túa solicitude de preinscripción e matrícula nas unicersidades galegas prema nesta ligazón

Aínda que está contextualizado na Universidade de Santiago de Compostela, o proceso é igual para todas as universidades de Galicia, e realízase na plataforma NERTA.

1º: Preinscripción en NERTA.  A través de NERTA faremos as peticións para todas as universidades e campus. 

2º : Matriculación. Unha vez que se é admitido/a nunha titulación universitaria realízase esta fase tamén en líña, pero xa non se fai en nerta senón na páxina web principal da universidade onde se foi admitido/a. 

 

VIDEO DE AXUDA PARA CREAR A SOLICITUDE WEB DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS

Se necesitas axuda para crear a túa solicitude web de admisión a ciclos formativos prema neste enlace

Tamén podes consultar toda a información sobre o calendario de admisión e o procedemento de adxudicación nestoutro enlace

Departamento de Orientación educativa 2021-2022

Profesorado

Cargo

 M.ª Montserrat Castro Guerreiro

Xefa de departamento

M.ª Digna Polo Timiraos

Pedagoxía terapéutica

Ana Isabel Castro Rodríguez

Pedagoxía terapéutica

Susana García Bouza

Audición e Linguaxe(compartida con CEIP A Magdalena)

 

Plan de Orientación 2021-2022

 

IMPORTANCIA DAS ELECCIÓNS OCUPACIONAIS

O martes, día 5, tivemos unha charla impartida por unha ex-alumna do noso centro (Sabela Ramil Rivera). Está en 4º curso do Grao Universitario de Terapia Ocupacional na Universidade de A Coruña e relatoulle ao alumando de 4º de ESO a importancia que teñen as eleccións ocupacionais e a promoción de terapia ocupacional. Esta materia forma parte da asignatura "Estancias Prácticas VIII".

O alumnado estivo moi atento e interesado en todo o que lles relatou Sabela sobre todo o relacionado coa súa elección ocupacional.

 

 

 

XORNADA ORIENTACIÓN: "ENXEÑERÍA INDUSTRIAL DE VIGO"

 

Hoxe, 12 de xaneiro, temos unha xornada de orientación no noso centro.

Dirixida ao alumnado de 1º e 2º  BAC ,de ciencias.

O obxectivo é acercar a EEI aos asistentes realizando actividades científicas (cámara termográfica, drones, etc...).

Tamén impartirán unha charla tanto ao alumnado coma ao profesorado, onde se falará sobre: enxeñería e ciencia, A Enxeñería Industrial, Oferta formativa da EEI.

Así mesmo, pola tarde de 20:00 a 21:30h en Casa Dopeso, impartirán unha charla aberta a todo o público interesado sobre Acceso á Universidade, o Plan Bolonia e a Enxeñería Industrial. 

 

Departamento de Orientación

Profesor/a

Cargo

Rosa Bedoya Bouza

Xefa de departamento

Digna Polo Timiraos

PT

 

Programación Curso 2014 - 2015

Plan Xeral de Atención á Diversidade.

Distribuir contido