Benvida á web do IES Moncho Valcarce

                           

 

 

 

 

 

 

 

Instituto de Educación Secundaria Moncho Valcarce

Rúa de José María Penabad López, s/n. 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña) 

Teléfono 881 93 00 55    -    Fax 881 93 00 64    -    ies.moncho.valcarce@edu.xunta.gal

Horario de atención ao público: de 08.30 a 14.10 h, de luns a venres (Secretaría: 881 93 00 56)

 ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Caderniño informativo para as familias 2021-2022 

Días non lectivos solicitados á Xefatura Territorial de Educación (pendentes de concesión):

  • Martes 7-decembro-2021
  • Luns 16-maio-2022

Calendario escolar Galicia 2021-2022 DOG 4-xuño-2021

Calendario escolar 2021-2022

 ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Entradas ao centro

(toma da temperatura)

  • Alumnado de 1.º e 2.º ESO: entrada principal.
  • Alumnado de 3.º e 4.º ESO e de ciclo formativo: entrada da esquerda (máis próxima ao IES Castro da Uz)
  • Alumnado de 1.º e 2.º bacharelato: entrada da dereita (máis próxima ao edificio de Ampliación - bacharelato). 

 ----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Lista de libros de texto para o curso 2021-2022

actualizada o venres 18-6-2021

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Documentos relacionados coa COVID-19

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

 

 

CONCURSO DE DEBUXO: "TRAZANDO A IGUALDADE"

 O alumnado da materia de igualdade de xénero, en colaboración co club de lectura DIVERTsidade convocan un concurso de debuxo que ten como tema a igualdade e todas as súas formas. Poderán participar alumnos e alumnas de todos os cursos. Os agasallos aos/as gañadores/as estarán relacionados co debuxo e as actividades plásticas. Os membros de club e da materia de igualdade de 1º de ESO formarán parte de xurado que decidirá cales son as ilustracións gañadoras. As bases poderanse consultar na biblioteca. Os deseños escollidos, así como os participantes, poderán aparecer na revista literaria do club de lectura.

O obxectivo desta actividade é fomentar a expresión das ideas sobre a igualdade e a comprensión da arte como unha forma de loita contra as desigualdades sociais, raciais, de xénero... 

 

Consulta a información e as bases premendo aquí

CADERNIÑO INFORMATIVO PARA AS FAMILIAS

PREME NA IMAXE PARA VER O CONTIDO DA INFORMACIÓN

 

INICIO DO CURSO 2021-2022

Un ano máis a Comunidade Educativa do IES MONCHO VALCARCE dávos a BENVIDA a este curso 2021-2022. 

 

 

CONCURSO DOAZÓN DE ÓRGANOS

 

Durante o mes de abril desenvolvéuse nos tres grupos de 1º E.S.O. a participación no III Concurso de carteis sobre doazón de órganos 2021, organizado polo Sergas. Foi unha actividade moi útil para ver a elaboración do cartel, o desenvolvemento do slogan e o repaso a contenidos dados con anterioridade.

 

CAMPAÑA DE RECICLAXE NO NOSO CENTRO

 

 O alumnado do centro colaborará na recollida  do  lixo que xeremos nos recreos . Posteriormente,en colaboración co concello  coñeceremos os diferentes usos que se lle pode dar ao material de refugallo amosando unha nova vida para o lixo. Esta actividade organízase co alumnado do equipo de voluntariado.

É importante que a comunidade educativa tome conciencia da cantidade de lixo que xeramos no noso centro educativo e da necesidade de extender o seu uso a outros ámbitos coma a arte, transformando o lixo en formas de expresión cultural.

XXVII PREMIO INTERNACIONAL DE POESÍA E NARRATIVA

 

alumna de 2º de BAC B do IES Moncho Valcarce Miriam Castro Seoane foi a gañadora do segundo premio do Premio Internacional "Miguel Fernández", na súa XXVII Edición, destinado a novos escritores en lingua española convocados polo IES Miguel Fernández de Melilla.

O certame estivo dirixido a mozo/as de entre 14 e 18 anos (rematado durante o ano 2021) nas modalidades de Narrativa e Poesía, en lingua castelá.

A continuación, déixovos a ligazón coa decisión do concurso.

Os nosos sinceros parabéns á estudante gañadora!!!

 

OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN SEXUAL

 

 

Con este obradoiro pretendemos dotar ao alumnado dos coñecementos e a reflexión sobre a educación sexual para que cada alumno e alumna podan tomar decisións libres, razoadas e responsables sobre a sexualidade e a reprodución.

Informar e formar ao alumnado sobre a saúde sexual e os dereitos sexuais  axudará ás mozas e mozos a acadar ferramentas para unha vida sexual libre e segura.

 

PROXECTO CANTO MIDES?

 

                

 

O proxecto "Canto mides?" consistiu nunha entrevista cunha especialista, ex-alumna do Centro, e a preparación-realización dun vídeo coa colaboración da RTV local. Asimesmo realizouse unha exposición na entrada do Centro, edificio principal, para comunicar os resultados. o obxectivo do devandito proxecto é coñecer e recoñecer a importancia do traballo científico na sociedade, introducíndose na súa metodoloxía a nivel básico.

 

Para máis información preme na imaxe.

 

VISITA VIRTUAL Á CIDADE DA CULTURA

Os grupos de 3º ESO A e B realizaron unha visita virtual á exposición que actualmente está na sala Agás, da Cidade da Cultura, de Santiago de Compostela. A colección de arte titulada “Os brancos segredos do seu ventre”, en alusión ao título dunha instalación artística que está incluída, é unha confrontación entre obras de arte contemporáneas de artistas do ámbito internacional e do galego. A presentación da mostra, por outra banda, é unha narración gráfica na que, a través da expresividade de distintas cores, relaciona obras antigas con contemporáneas e unhas disciplinas artísticas con outras.

 

Distribuir contido