Benvida á web do IES Moncho Valcarce

                             

 

 

 

 

 

 

 

 

Instituto de Educación Secundaria Moncho Valcarce

Rúa de José María Penabad López, s/n. 15320 As Pontes de García Rodríguez (A Coruña)

Teléfono 881 93 00 55 - Fax 881 93 00 64 - ies.moncho.valcarce@edu.xunta.es - Teléfono móbil 698 12 54 23

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

 Lista de libros de texto 2019-2020

 

Fondo solidario de libros de texto

O luns 23-9-2019 comenza o reparto dos libros de texto ao alumnado admitido no Fondo Solidario 2019-2020.

As familias teñen que asinar un impreso de recepción dos libros.

Tamén se pode recoller o vale para adquirir material escolar (50 €).

Lista alumnado admitido Fondo Solidario Libros Texto 2019-2020 (definitiva; 13-9-2019)

Lista alumnado excluído Fondo Solidario Libros Texto 2019-2020 (definitiva; 13-9-2019)

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Información importante: ITINERARIOS

ENTRADA EN VIGOR:  4º ESO e 1º BAC NO VINDEIRO CURSO 2019-2020

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Fondo solidario de libros de texto 2019-2020

Axudas para adquisición de material escolar

Prazo de solicitude: venres 21-xuño-2019

Instrucións Fondo solidario libros texto e axudas material escolar 2019-2020

Impreso solicitude Fondo solidario libros e axudas material escolar 2019-2020

Fondo solidario libros texto e axudas material escolar 2019-2020 DOG 20-5-2019

------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Información 

Proba para obtención do título de graduado en secundaria para maiores de 18 anos.

Convocatorias de maio e setembro. DOG Núm. 17 do 2019/1/24

 

DÍA DA CONSTITUCIÓN

Ao longo da primeira semana de decembro estase a expoñer no hall unha pequena homenaxe que o centro e o alumnado dedica á Constitución . Queremos resaltar con ela os dereitos e deberes que veñen recollidos na Carta Magna e fomentar os valores democráticos entre o alumnado. 

 

SEGURIDADE INFORMÁTICA CURSO 2019-2020

O alumnado de TIC II está a facer unha enquisa ao alumnado do centro sobre o tema da Seguridade Informática. Pincha nos seguintes enlaces según corresponda:

 

 

 

Gracias pola vosa colaboración.

A continuación tedes unha guia de PRIVACIDAD Y SEGURIDAD EN INTERNET

OBRADOIRO DE ROBÓTICA

O 27 de novembro o alumnado de 1º de Bac das materias de Tecnoloxía, Robótica e TIC I 2 participaron no “X Obradoiro e Concurso Galego de Robótica. A Maxia da Robótica” Celebrado no IES Ramón Menéndez Pidal na Coruña.

 

 

DÍA MUNDIAL DA SIDA

O IES. Moncho Valcarce súmase á conmemoración do “DÍA MUNDIAL DA SIDA”, celebrado o día 1 de decembro. Preténdese deste xeito informar ao noso alumnado sobre os problemas que conlevan as enfermidades de transmisión sexual e as maneiras de protexerse fronte a elas.

 

TALLER DE EDUCACIÓN SEXUAL

Os centros educativos constitúen un espazo de socialización esencial no desenvolvemento de mozos e mozas. Un espazo no que ademais de recibir formación académica, representan un lugar de encontro para a relación co grupo de iguais no que se forxan valores, actitudes e modelos de conduta. É fundamental elaborar estratexias socio-educativas que aborden diferentes temáticas, entre elas, a Educación Sexual. A sexualidade é unha condición indisociable do ser humano que nos fai persoas únicas e particulares. Nunha etapa de cambios como é a puberdade, é importante que mozos e mozos conten coas ferramentas e instrumentos precisos que os acompañen e axuden no seu propio proceso de sexualidade. O obxectivo fundamental é que mozos e mozos aprendan a coñecerse, a aceptarse e a vivir a súa sexualidade dunha maneira positiva e satisfactoria.

 

25N "DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO"

O día 25 de novembro, o I.E.S. Moncho Valcarce sumouse á campaña de apoio e solidariedade coas vítimas da violencia de xénero. Pretendemos con este acto poñer o noso gran de area para tentar erradicar esta lacra social que afecta a moitas mulleres. Non podemos permitir que este problema siga acontecendo na nosa sociedade. Nin unha máis, nin unha menos.

 

SAÍDA A SAN CIBRAO DE LÁS-OURENSE

 Voltamos un curso máis a este castro celta, xa que os cursos 2016/17, 2017/18 e 2018/19 xa realizamos esta interesante visita, e, dada a relevancia para coñecer a nosa historia e cultura, decidimos repetir.

A visita a esta cidade da cultura castrexa, situada en San Amaro.- Punxín (a 18 KM. de Ourense) iniciámola arredor das 11.45 a,m. despois dun percorrido de máis de dúas horas de media de traxecto dende o noso IES.

Despois do xantar, fixemos un percorrido polo casco histórico de Ourense: as Burgas, as rúas máis emblemáticas onde o alumnado tomou nota dos nomes de persoeiros ilustres galegos que se lles adican, a Catedral, Praza Maior….

 

CONCURSO DE MICRO-RELATOS

Con motivo do Samaín, desde a biblioteca, o club de lectura e dinamización convocouse un concurso de microcontos e ilustracións baixo o título “Microrrelatos de medo a partir dun whatsapp”. Os alumnos elaboraron unha historia dunha extensión máxima de cen palabras a partir de fragmentos a escoller (en galego e en castelán). O xurado, formado por alumnado de 2º de bacharelato, escolleu os gañadores. Todos os participantes recibirán un pequeno agasallo.

 

DESENVOLVEMENTO DO PLAN DIRECTOR

Ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro estanse a desenvolver o ciclo de charlas do “Plan Director para a convivencia nos centros educativos”. Ditas charlas teñen como tema os riscos de internet entre os adolescentes e a prevención de drogodependencias. Están dirixidas a todo o alumnado do centro e impártense nas horas de titoría.

 

Distribuir contido