Actividades realizadas ata a data

MULLERES NO ÁMBITO STEM

A imaxe é da participación na entrega de premios virtual.

Esta é a dirección da páxina que fixo o alumnado de 1º BAC B para participar no concurso  de "wisibilízalas" organizado pola universidade PompuFabra para darlle visibilidade as científicas STEM:
 

CONCURSO DOAZÓN DE ÓRGANOS

 

Durante o mes de abril desenvolvéuse nos tres grupos de 1º E.S.O. a participación no III Concurso de carteis sobre doazón de órganos 2021, organizado polo Sergas. Foi unha actividade moi útil para ver a elaboración do cartel, o desenvolvemento do slogan e o repaso a contenidos dados con anterioridade.

 

CAMPAÑA DE RECICLAXE NO NOSO CENTRO

 

 O alumnado do centro colaborará na recollida  do  lixo que xeremos nos recreos . Posteriormente,en colaboración co concello  coñeceremos os diferentes usos que se lle pode dar ao material de refugallo amosando unha nova vida para o lixo. Esta actividade organízase co alumnado do equipo de voluntariado.

É importante que a comunidade educativa tome conciencia da cantidade de lixo que xeramos no noso centro educativo e da necesidade de extender o seu uso a outros ámbitos coma a arte, transformando o lixo en formas de expresión cultural.

XXVII PREMIO INTERNACIONAL DE POESÍA E NARRATIVA

 

alumna de 2º de BAC B do IES Moncho Valcarce Miriam Castro Seoane foi a gañadora do segundo premio do Premio Internacional "Miguel Fernández", na súa XXVII Edición, destinado a novos escritores en lingua española convocados polo IES Miguel Fernández de Melilla.

O certame estivo dirixido a mozo/as de entre 14 e 18 anos (rematado durante o ano 2021) nas modalidades de Narrativa e Poesía, en lingua castelá.

A continuación, déixovos a ligazón coa decisión do concurso.

Os nosos sinceros parabéns á estudante gañadora!!!

 

OBRADOIRO DE ORIENTACIÓN SEXUAL

 

 

Con este obradoiro pretendemos dotar ao alumnado dos coñecementos e a reflexión sobre a educación sexual para que cada alumno e alumna podan tomar decisións libres, razoadas e responsables sobre a sexualidade e a reprodución.

Informar e formar ao alumnado sobre a saúde sexual e os dereitos sexuais  axudará ás mozas e mozos a acadar ferramentas para unha vida sexual libre e segura.

 

PROXECTO CANTO MIDES?

 

                

 

O proxecto "Canto mides?" consistiu nunha entrevista cunha especialista, ex-alumna do Centro, e a preparación-realización dun vídeo coa colaboración da RTV local. Asimesmo realizouse unha exposición na entrada do Centro, edificio principal, para comunicar os resultados. o obxectivo do devandito proxecto é coñecer e recoñecer a importancia do traballo científico na sociedade, introducíndose na súa metodoloxía a nivel básico.

 

Para máis información preme na imaxe.

 

VISITA VIRTUAL Á CIDADE DA CULTURA

Os grupos de 3º ESO A e B realizaron unha visita virtual á exposición que actualmente está na sala Agás, da Cidade da Cultura, de Santiago de Compostela. A colección de arte titulada “Os brancos segredos do seu ventre”, en alusión ao título dunha instalación artística que está incluída, é unha confrontación entre obras de arte contemporáneas de artistas do ámbito internacional e do galego. A presentación da mostra, por outra banda, é unha narración gráfica na que, a través da expresividade de distintas cores, relaciona obras antigas con contemporáneas e unhas disciplinas artísticas con outras.

 

DÍA DAS RAPAZAS NAS TIC´s

 

O día 22 de abril alumnado de 4º ESO e 1ª BAC participou  nun coloquio  multiconferencia con 4 destacadas galegas emprendedoras, investigadoras e tecnólogas no eido das TIC (Beatriz Paz Santalla, enxeñeira de telecomunicacións pola Universidade de Vigo,  Ana Freire: enxeñeira doutora en informática pola UDC, Úrsula Martínez Álvarez: Graduada en Enxeñaría Aeroespacial e Verónica Bolón Canedo: doutora en Informática da UDC.), dás que o alumnado participante  puideron coñecer a súas traxectorias e o seus proxectos actuais.

 

LECTURAS TRANSINCLUSIVAS

 

No Día do libro ( 23 de abril) e ao longo desta semana, na entrada do centro temos unha mesa con lecturas recomendadas que pretenden achegarvos ao feminismo e á diversidade afectivo-sexual que impera na sociedade.

 Animádevos a pasar e a botarlle un ollo aos diferentes libros e cómics que os propoñemos dende IGUÁLA-T.

 Desafía a norma, le!

 Non estamos no xurásico sé feminista!

 

23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 

O día 23 de Abril celebramos o “Día do Libro” no centro cunha pequena exposición de lecturas inclusivas para o noso alumnado. O noso fin  e dar visibilidade á nova realidade afectiva que estase a desenvolver na nosa sociedade e fomentar a inclusión e o respecto á diversidade.

 

Distribuir contido