Saltar navegación

PLANIFICACIÓN E CONSTRUCIÓN DE PROTOTIPOS

É hora de iniciar o anteproxecto que desenvolve o deseño e a fabricación da sonda MarumaSat da NOSA que, unha vez construída, despois de facer a avaliación convertirase na memoria técnica. Traballaremos en equipo, buscando o mellor deseño posible, que nos permita situar a cápsula á altitude fixada nos obxectivos da misión, rexistrar datos das magnitudes termométricas e outras que se determinen, transportar todos os experimentos propostos e facilitar a súa recuperación.

Aprende

O anteproxecto é un documento complexo, que desenvolve toda a fabricación e permite minimizar os fallos de deseño. Ten varios apartados e subapartados: fíxate ben na estrutura e na información que debes incluír neles.

1

ACTA DE CONSTITUCIÓN DE EQUIPO.

Equipo de trabajo. PublicDomainPicturesCC0 1.0

A información que se proporciona está relacionada coas persoas que forman o equipo de traballo: nomes e reparto de responsabilidades.

Tamén incluímos unha táboa en branco, que denominamos táboa de control de responsables, xa que sen prexuízo de que o alumnado nomeado nos cargos de limpeza, material e ferramenta sigan a exercer as súas responsabilidades, o desempeño destas tarefas durante a fabricación faise por quenda rotativa. Así, para evitar repeticións, anotamos os seus nomes ao rematar cada sesión de taller.

2

PROBLEMA/NECESIDADE.

Consta de dous apartados:

2.1.- Identificación do problema ou necesidade: describindo co maior detalle posible o problema ou necesidade comunicado pola profesora ou identificado polo equipo, e que debe resolto mediante o deseño e fabricación dun obxecto técnico.

2.2.- Condicións iniciais: tamén se anotarán cada unha das condicións iniciais que debe cuprir o obxecto técnico que se vai deseñar e fabricar, diferenciando entre as establecidas pola profesora e as que decida o equipo.

Problema resuelto. PublicDomainPictures. CC0 1.0.

3

SOLUCIÓN ADOPTADA.

Divídese en catro seccións:

3.1.- Obxectivo: resumimos nunha frase o máis curta posible o obxecto que imos deseñar e fabricar, incluíndo o material maioritario na fabricación e o tipo de enerxía que emprega para funcionar. Debe comezar coa expresión “Deseño e fabricación....”. (Ex. Deseño e fabricación dun coche eléctrico de madeira)

Clker. Pixabay.  CC0 1.0

3.2.- Descrición do funcionamento: neste apartado descríbese o funcionamento do obxecto proposto, non o seu aspecto externo nin os circuítos mecánico e eléctrico/electrónico, aínda que sexa necesario referirse a eles.

3.3.- Circuíto mecánico: descrición e esquema, de ser o caso, hai que facer unha descrición teórica completa do circuíto mecánico que inclúe o obxecto que se vai fabricar; establecer as especificacións para o obxecto que se está a deseñar e un esquema do mesmo.

3.4.- Circuíto eléctrico/electrónico: descrición e esquema, se procede, hai que facer unha descrición teórica completa do funcionamento do circuíto eléctrico/electrónico que inclúe o obxecto que se está a deseñar e o esquema do mesmo, incluíndo a descrición de cada compoñente de xeito individual.

4

DESEÑOS INDIVIDUAIS.

Cada alumno ou alumna que forma parte do equipo debe realizar un bosquexo coa súa proposta para o deseño do obxecto, a man alzada e en tres dimensións.

5

DESEÑO SELECCIONADO.

A partires dos deseños individuais faráse a elección do deseño final, que ben pode ser un dos presentados, un dos presentados con melloras introducidas a partir doutros ou un completamente novo.

6

PLAN DE FABRICACIÓN.

Inclúe a seguinte información:

6.1.- Planos do prototipo. Delinear e acotar todas as pezas que hai que fabricar para o obxecto técnico. No interior de cada unha indicamos o nome da peza (Ex. Peza A) e e a cantidade (Ex. x3). Se as pezas non están debuxadas a tamaño real, indicar tamén a escala.

6.2.- Listado de materiais e ferramentas. Anotar os materiais, compoñentes e ferramentas necesarias para a fabricación. Se durante o traballo de fabricación detectamos que fai falta algún máis débe completarse a lista.

6.3.- - Táboa de planificación de tarefas. Completar a táboa dividindo a fabricación en pequenas operacións ou tarefas que, realizadas de xeito ordenado, permitan chegar ao obxecto técnico. Para cada unha delas anotamos material e ferramenta necesaria, observacións para a fabricación e o responsable da mesma. É importante tamén estimar o tempo que vai levar cada operación e calcular o número de sesións necesarias para rematar a fabricación. 

Acotación:tecnico. Wedrey. Wikipedia. CC BY-SA 3.0

7

DIARIO DE CONSTRUCCIÓN.

Levamos rexistro do traballo de taller mediante o diario de construción, unha táboa na que se indican as tarefas que se realizan, os problemas que xurden e as solucións adoptadas.

8

AVALIACIÓN DO PROXECTO.

Trátase de avaliar o funcionamento do obxecto técnico (se cumpre as condicións iniciais impostas ao comezo do traballo e o seu acabado) e o proceso de fabricación (material e ferramenta xeitada, táboa de planificación de tarefas completa, tempo estimado axustado á realidade, etc...). Desta etapa poden xurdir  propostas de mellora para futuras fabricacións.