Saltar navegación

DESEÑO: Blockscad3D

O voo da MarumaSat I non foi perfecto (video). Entre outros problemas houbo xiros continuos da cápsula que provocaron que as imaxes non fosen todo o boas que nos gustaría. Postos a solucionar este problema, pensouse nun aro estabilizador situado por riba da cápsula, a 1 m de distancia, que fose atravesado polas cordas, que a súa vez irían fixas nel. O deseño funcionou e as sondas MarumaSat II (video) e III (video) experimentaron movementos máis suaves, polo que as imaxes foron sinxelamente espectaculares. Atréveste a deseñar o teu propio aro?

Aprende

Blockscad é unha interface web de OpenSCAD baseada en bloques de cores que encaixan, on non, entre si, de xeito que se vai completando unha secuencia de operacións que representa o programa.

Ten unha funcionalidade limitada, debido a que só ten implementados bloques moi básicos, pero permite que nos acheguemos ao modelado 3D moi facilmente.

Accede a aplicación web BlocksCAD facendo clic aquí, fíxate nos seus elementos e a continuación visualiza a seguinte presentación que describe a súa utilidade:

A contona de Blockscad. Raquel Rendo. Google Drive. CC BY-NC-SA 4.0