Saltar navegación

OS PLÁSTICOS

Da observación das sondas MarumaSat fabricadas até o de agora, pode deducirse que está fabricada case na súa totalidade con plásticos ou compoñentes feitos con plásticos.  O seu uso maioritario é debido a que os diferentes materiais que se inclúen nesta categoría son os que presentan as propiedades que mellor se axustan aos requerimentos deste obxecto técnico.

Aprende

O plástico é un dos tipos de materiais máis usados na actualidade. Aínda que empezou a empregarse hai pouco máis de medio século, en substitución doutros como a madeira ou o metal, calcúlase que a súa produción total supera xa os 8 mil millóns de toneladas e que no ano 2016 chegou até 335 millóns: un 900% máis que en 1980.

En xeral, a industria prefire empregar este material debido a que é fácil de fabricar e moldear, é económico, lixeiro, admite pigmentos de gran variedade de colores e pode combinarse con outros materiais para mellorar así as súas propiedades.

Sen embargo, o seu emprego xeneralizado e sobre todo, o refugallo dos obxectos de plástico (moitos de un só uso) ten graves consecuencias sobre o medio ambiente, xa que non son biodegradables, polo que permanecen inalterables na natureza durante centos de anos con consecuencias para as persoas, os animais e os ecosistemas.

Plastic objects. Cjp24Commons WikimediaCC0 1.0.

Un material ou substancia é biodegradable se pode descompoñerse nos elementos químicos que o conforman, pola acción axentes biolóxicos, como os microorganismos, baixo condicións ambientais naturais.