Saltar navegación

Actividade 13

Calculo do peso da caixa de porexpan

Para a fabricación da cápsula MarumaSat, precisamos mercar unha caixa de poliestireno expandido (porexpan).

Mirando en internet, atopamos esta que segundo as especificacións que sinalan é cúbica e mide 23 cm de lado no exterior e 17 cm no interior. Podería valer, pero non coñecemos o seu peso, que é un factor importante para decidirmos a súa compra.

Poderíamos calcular canto pesa se a densidade media deste material é de 0,02 g/cm3?

Caixa porexpan. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY NC-SA 4.0