Saltar navegación

O PROCESO TECNOLÓXICO

Para levar a cabo unha tarefa sinxela ou un proxecto de gran complexidade é bo seguir un método de traballo ordenado. No caso do proxecto NOSA-MarumaSat tratamos de resolver un problema mediante a construción dun obxecto técnico, polo que debemos traballar de acordo co proceso tecnolóxico.

Aprende

As fases e etapas do proceso tecnolóxico ou método de proxectos aparecen reflectidas no seguinte diagrama de fluxo. 

(clic para ampliar)

Fases proceso tecnolóxico. Raquel Rendo. Commons Wikimedia. CC BY-NC-SA 4.0

É importante reparar nas seguintes cuestións:
  • todas as etapas poden agruparse en dúas fases: a primeira, relacionada cos coñecementos máis teóricos, denomínase fase tecnolóxica; a segunda, de carácter máis práctico, é a fase técnica.

  • por medio da avaliación podemos descubrir se cometemos erros, o que nos obriga a voltar a calquera das etapas da fase tecnolóxica ou da fase técnica

  • o proceso tecnolóxico non remata coa avaliación, pois tamén hai que elaborar unha documentación que recolla toda a información sobre o obxecto.

  • a documentación elaborase en dúas fases: durante a fase tecnolóxica toda a información elaborada conduce ao anteproxecto, que se amplía durante as etapas de construción e avaliación, para finalizar elaborando a memoria técnica.